CERVO.- A asociación Mariñapatrimonio presentou no recinto histórico de Sargadelos as xornadas que desenvolverá en varias localidades da Mariña sobre a arqueoloxía industrial. Nestas actividades intervirán o xornalista Xavier R. Lombardero, Miguel Abraira e Xoán Carmona Badía.
NOTA DE PRENSA
MARIÑA PATRIMONIO PRESENTOU AS XORNADAS DE PATRIMONIO
MARIÑAPATRIMONIO ABRE NA PONTENOVA AS XORNADAS SOBRE ARQUEOLOXÍA INDUSTRIAL
O xornalista Xavier R. Lombardero será o primeiro dos conferenciantes do ciclo dedicado á industria do ferro que organiza a asociación Mariñapatrimonio. As Xornadas de Patrimonio centradas na arqueoloxía industrial na Mariña Luguesa darán comenzo o vindeiro sábado 24 de outubro , ás sete e media da tarde, na Casa da Cultura do concello de A Pontenova. Repensando A Ponte será o título do relatorio do xornalista Xavier R. Lombardero.
A segunda das actividades deste ciclo será unha visita guiada por Miguel Abraira que percorrerá os concellos de A Pontenova e Riotorto. A excursión, Pola ruta do Ferro ,partirá desde o Museo do Mar de San Cibrao o día 21 de novembro, ás 10 da mañá e os participantes visitarán a Ferraría de Bogo, o Mazo de Ferreiravella, un obradoiro tradicional e distintos pontos de interese dos dous concellos. As persoas interesadas nesta actividade deben porse en contacto coa asociación organizadora para a reserva de prazas.
Xoán Carmona Badía, intervirána terceira das actividades deste ciclo, nun acto que se desenvolverá en Viveiro no mes de decembro, para falar arredor do patrimonio industrial, das pegadas materiais da actividade humana máis recente na Mariña Luguesa.
Tamén Mariñapatrimonio porá a disposición dos centros de ensino da comarca unha exposición itinerante sobre o pasado industrial da Mariña Luguesa.
Na presentación desta actividade participaron Francisco Luís Rodríguez Guerreiro e Manuel Miranda da asociación organizadora e Antonio Veiga Outeiro, deputado responsábel da Área de Cultura da Deputación de Lugo xa que estas Xornadas de Patrimonio contan co patrocinio da área de Cultura da Deputación de Lugo . Tamén colaboran os concellos de Riotorto e A Pontenova.