Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería do Mar incrementa en 3,3 millóns de euros a partida para o servizo de rescate aéreo

Santiago .- A Consellería do Mar incrementará en 3,3 millóns de euros o importe destinado a mellorar o servizo de rescate aéreo, ao dotar ao Pesca I e II dunha dobre tripulación e dun modelo de mantemento ecualizado “que permita dar máis operatividade aos medios aéreos”.

Nota de Prensa

Esta partida axudará a reforzar a base de Celeiro cunha dobre garda

MAR DESTINARÁ  3,3 MILLÓNS DE EUROS MÁIS AO SERVIZO AÉREO DE RESCATE

* A partida supón un 75% máis que o ano pasado, o que pon de manifesto o compromiso da Xunta coa seguridade marítima
* Rosa Quintana asegurou que o sistema mellorará cunha dobre tripulación e un novo modelo de mantemento
* A Consellería do Mar esixirá responsabilidades á concesionaria do servizo aéreo de rescate ao non substituír o helicóptero de Celeiro que estaba avariado

Santiago, 28 de outubro de 2009.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou hoxe ante a Cámara que o seu departamento destinará 3,3 millóns de euros máis que no anterior orzamento a mellorar o servizo de rescate aéreo, ao dotar ao Pesca I e II dunha dobre tripulación e dun modelo de mantemento ecualizado “que permita dar máis operatividade aos medios aéreos”.

A conselleira asegurou que o mantemento que ata agora se fixo dos dous helicópteros de salvamento da Xunta “non era o máis axeitado para ter a máxima operatividade nos voos” e lembrou que “co modelo anterior tanto o Pesca I como o Pesca II quedaban inoperativos 3 meses ao ano cada un, co que Galicia quedaba cun helicóptero dispoñible en moitos momentos”.

Respecto dos motivos polos que o Pesca II permaneceu inoperativo, Rosa Quintana explicou no Parlamento que a causa foi a prolongación, máis do previsto, da reparación dunhas avarías. “Dado que a concesionaria do servizo aéreo de rescate non o substituíu ao terceiro día, tal e como debía facer, os servizos xurídicos da Consellería están a estudar a aplicación das penalizacións pertinentes” dixo, e lembrou que “as condicións contratadas para a operatividade dos medios aéreos mingua a capacidade potencial dos helicópteros especialmente no tinxinte ás revisións”.

Rosa Quintana asegurou que a situación de disposición dos medios aéreos dos Gardacostas de Galicia mellorará co aumento en dobre tripulación e cun mantemento ecualizado, un modelo “máis operativo e que permitirá detectar os fallos moitos antes”, dixo. Este cambio de sistema contémplase nos orzamentos para o 2010 en materia de seguridade marítima, un dos piares básicos da Consellería do Mar.

Dende a Consellería do Mar lémbrase que o Pesca II estará operativo as 24 horas do día e os 365 días do ano nas primeiras semanas do 2010.  O reforzo de profesionais en Celeiro permitirá que as dúas aeronaves de salvamento dependentes da Xunta estean a 25 minutos de voo de calquera punto costeiro da comunidade, dado que o Pesca I con base en Vigo tamén dispón, dende mediados deste ano, dunha segunda tripulación.

Exit mobile version