Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis dun cento de compromisarios da Mariña asistirán ao congreso provincial do PP

Nota de Prensa

O Presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo será o encargado de clausurar o cónclave que congregará a preto dun milleiro de persoas no auditorio  Gustavo Freire da cidade de Lugo
MÁIS DUN CENTENAR DE COMPROMISARIOS REPRESENTARÁN AO PP DA MARIÑA NO XV  CONGRESO PROVINCIAL QUE SE CELEBRA ESTE SÁBADO

* José Manuel Barreiro opta á reelección para presidir o Partido Popular de Lugo  despois de que a súa candidatura fora avalada pola totalidade dos alcaldes e voceiros populares da provincia. O candidato xa adiantou que proporá ao deputado mariñao Jose Manuel Balseiro como  secretario xeral.

* A formación política popular márcase como prioridades promover o debate interno e aportar ideas para superar a crise.

A Mariña, 30 de outubro de 2009.- 102 compromisarios representarán aos afiliados e simpatizantes das distintas agrupacións locais do Partido Popular da Mariña no XV Congreso Provincial que esta formación política ten previsto celebrar no día de mañá, a partir das 10.00 horas, no auditorio  Gustavo Freire da cidade  de Lugo. A este número hai que engadir 10 compromisarios máis que acudirán a este cónclave en representación das Novas Xeracións, así como aos compromisarios natos, membros da Xunta Directiva do Partido Popular de Lugo e da Comisión Organizadora do Congreso.

A nosa comarca é unha das que maior peso específico ten no conxunto da provincia como resultado do reparto establecido  pola Xunta Directiva Provincial que se realizou en función do número de afiliados e dos resultados electorais obtidos nas pasadas eleccións autonómicas. Ademais un  mozo de  novas xeracións Daniel Vega, de Ribadeo, forma parte  dos redactores da ponencia “Lugo, a nosa prioridade” que coordina o deputado Jaime Castineira e coa que se pretenden establecer as liñas estratéxicas e de  xestión do PP nos vindeiros anos.

O XV Congreso dos populares lucenses tamén ten previsto elixir  á nova executiva. Xa está confirmada a continuidade de José Manuel Balseiro (que proseguirá exercendo as funcións de secretario xeral), no máis que probable caso de que a candidatura que encabeza Jose Manuel Barreiro obteña o apoio dos compromisarios. O actual presidente, opta á reelección co apoio da totalidade dos alcaldes, voceiros e presidentes locais, deputados provinciais, autonómicos e nacionais e senadores, así como de membros natos significativos como o conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez ou a delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias

SUPERAR A CRISE, RENOVAR IDEAS

A formación política popular márcase como obxectivo do seu decimo quinto cónclave promover o debate interno e aportar ideas para superar a crise. “Centrados nas necesidades e prioridades dos lucenses,  buscamos achegar  fórmulas válidas para superar a situación actual fronte ao inmobilismo e a falta de reacción dos Gobernos  socialistas e nacionalistas”. Ao mesmo tempo analizarán e avaliarán o informe de  xestión, que reflectirá o crecente apoio popular, máis significativo nos últimos comicios autonómicos e europeos. Do seu congreso, os populares lucenses esperan saír fortalecidos, e co impulso, as ideas e os equipos necesarios para traballar sen descanso no obxectivo de recuperar o goberno da Deputación Provincial e acadar novas victorias nas próximas eleccións municipais.

FEIJOO, NA CLAUSURA

O XV congreso  provincial do Partido Popular de Lugo será clausurado polo Presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, arroupado polo milleiro de persoas que se prevén asistan  ao cónclave. Tamén está prevista a intervención do resto dos presidentes provincias do PPdeG e do presidente fundador do partido, Manuel Fraga.

Exit mobile version