Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG quere saber si ao goberno de Cervo lle segue interesando a compra de solares do castro da Atalaia

Nota de Prensa

O PP pedía no 2008 a compra dos solares afectados polo castro da Atalaia

O BNG preguntará ao goberno local si mantén a mesma posición sobre o Castro da Atalaia que fai un ano

As continuas aparicións de elementos de importancia e as novas escavacións demostran a relevancia do conxunto arqueolóxico

Cervo, 15 de outubro de 2009. Dende que se iniciaron os traballos de escavación arqueolóxica no Castro da Atalaia, son constantes os informes que acreditan a relevancia do achádeo pre-romano do Castro da Atalaia, tanto pola numerosa documentación que así o proba, como polas informacións públicas que falan de elementos de gran importancia histórica atopados nese enclave ou a saída á superficie de novas construccións xa á vista, froito do traballo que nestes días está a facer unha equipa de arqueólogos en San Cibrao. A posición do BNG de Cervo sobre este asunto sempre foi moi clara no sentido de preservar e poñer en valor este xacemento como un recurso histórico e turístico de gran magnitude, unha posición que era compartida pola anterior Consellaría de Cultura que falaba de conservar os restos arqueolóxicos da Atalaia “in situ” para poñelos en valor.

A anterior Dirección Xeral de patrimonio defendía a conservación dos achados “in situ”

As novas escavacións arqueolóxicas que se están no Castro da Atalaia seguen permitindo o afloramento de construcións prerromanas nesta xacemento, a isto hai que engadir o coñecemento público de elementos de gran valor arqueolóxico como foi a aparición dun machado votivo dos que só se coñece a existencia doutro en Galiza. A anterior Dirección Xeral de Patrimonio defendía a conservación “in situ” do conxunto arqueolóxico da Atalaia e a súa posta en valor. O BNG defende estas mesma posición e ven mantendo “a necesidade dun acordo entre diferentes administracións e o propietario dos terreos para garantir a preservación deste espazo como recurso histórico e foco de atracción turística do que poden aproveitarse o conxunto dos veciños de Cervo”

Non se sabe cal e a posición do PP despois do cambio de goberno na Xunta

O goberno local pasou de estar investigado pola fiscalía por destrución do patrimonio polos feitos acaecidos entre o 4 e o 8 de xuño de 2007, ao incumprir un requirimento de paralización de obras emitida pola Consellaría de Cultura para evitar a destrución arqueolóxica dunha parte do xacemento, a pedir a compra por parte da mesma consellaría dos terreos afectados polo castro,  o concelleiro e parlamentar, José Manuel Balseiro, asinaba esta iniciativa que foi presentada tanto no concello de Cervo como no Parlamento Galego. “Para o BNG e necesario que o PP, tanto no goberno municipal como no autonómico aclaren si defenden o mesmo na actualidade como fai un ano cando presentaban estas iniciativas”

Exit mobile version