Site icon Crónica3.com A Mariña

Insiste o PP de Burela que o Concello “non usou os medios precisos” no rescate que se demorou tres horas

NOTA DE PRENSA

O GMPP asegura que o concello non contestou a unha oferta do 112 do equipo de rescate en altura de Cervo o pasado vintesete de Setembro.

Afirman que a lei dalle ó alcalde a máxima autoridade en materia de protección civil nun concello.

Os populares reafírmanse en que o concello non usou os medios precisos o que provocou a demora do rescate.

O GMPP de Burela, a través dunha nota de prensa, asegurou que as medidas adoptadas polo Concello de Burela para o rescate da persoa que sufriu un accidente nos acantilados do Perdouro o pasado vintesete de Setembro foron claramente innecesarias e provocaron a demora no rescate.

Os populares aseguran que os medios movilizados polo concello non pasaron do vehículo de protección civil e de dous membros do GRUMIR. Pero sen dúbida máis grave é que o rescate se puído facer máis rapidamente ben polo sendeiro de baixada (como se entende se non que chegase a haber nas rochas hasta dez persoas?), ben a través do bolar do alcantarillado, ou ben a través dunha zodiac con volante propiedade do concello. Pero resulta que non se levou camilla de inmoviliación e a zodiac está colgada do teito dun garaxe do concello.

O GMPP pídelle ó alcalde que aclare porqué non se recibiu ningún tipo de axuda externa. Os populares afirman que máis grave ainda ca todo o anterior é que entre as sete e cuarto da tarde e as sete e vintecinco o Servicio de Emerxencias 112 puxo a disposición do concello de Burela o equipo de rescate en altura de Protección Civil de Cervo, que estab a listo para sair. Pois ben, os de Cervo ainda están agardando agora pola resposta do concello de Burela, o que demostra que o alcalde non puxo ningún interese especial polo rescate.

E falando do alcalde, as súas respostas na prensa ás preguntas que o PP fará no pleno deste mes son lamentables. En primeiro lugar, el non é quen para falar dos sentimentos das persoas, porque ó día seguinte do accidente xa dixo que visitara á accidentada no hospital, tentando recuperar algo da simpatía que leva perdida en dous anos e medio. En segundo lugar, non é quen para decir que nós tentamos sacar rendabilidade política, porque el criticou o retraso do Helimer Galicia. E en terceiro lugar, e o que é peor, o alcalde tenta tapar a súa incapacidade e a súa responsabilidade decindo que no lugar do accidente xa había un médico. Pois ben, hai que decir que o alcalde de Burela, politicamente, ademais de vago, é un incompetente e un irresponsable, porque a Lei de Bases de Réxime Local de 1985, en vigor, e a Lei de Emerxencias de Galicia de 2006, aprobada pola Xunta bipartita, din que en todo momento e circunstancia a máxima autoridade en materia de Protección Civil nun concello é o alcalde. E esto debe sabelo a cidadanía. Un alcalde que descoñece esto, e que ademais intenta desfacerse da súa responsabilidade, debe adicarse a outra cousa e polo menos pedir perdón inmediatamente ós seus cidadáns.

Os populares finalizan asegurando que todas estas cuestións poñen en entredito a labor do concello de Burela e do alcalde nas tarefas de rescate do pasado día 27 de Setembro e reforzan as dúbidas que xa tén tamén a cidadanía do noso concello, que cada día que pasa e se coñecen novos datos se reafirman na convicción de que o rescate se puido facer en bastante menos tempo e con total seguridade.

Exit mobile version