Site icon Crónica3.com A Mariña

Reelixidos Barreiro presidente e Balseiro secretario no congreso provincial do PP

NOTAS DE PRENSA:
Barreiro: “o novo comité executivo provincial une xuventude e veteranía”

* A candidatura que encabeza José Manuel Barreiro recibiu o respaldo unánime dos compromisarios durante o XV Congreso do Partido Popular de Lugo

* Suliñou no seu discurso que máis da metade dos membros do comité executivo provincial son novas incorporacións

* Avogou polo traballo e a proximidade como señas de identidade diferencial do partido e por revitalizar o compromiso co galeguismo

Lugo, a 31 outubro de 2009.- José Manuel Barreiro foi reelexido hoxe por unanimidade Presidente do Partido Popular de Lugo. A súa candidatura foi respaldada maioritariamente polos compromisarios. Dos 743 votos emitidos, 737 foron favorables, catro en branco e dous nulos.

O xa Presidente electo principiou o seu discurso dando as gracias “polo seu respaldo” a todos os compromisarios, e facendo referencia ós integrantes da súa candidatura e que conforman o comité executivo provincial, indicando que nel se conxuga veteranía e renovación.

“Veteranía porque a experiencia é un mérito que hai que apreciar e valorar na súa xusta medida; e renovación porque para afianzar o futuro é fundamental contar con savia vigorosa e activa”, indicou.

O “compromiso inequívoco” coa, ó seu entender, “necesaria e obrigada renovación xeneracional” ponse de manifesto no feito de que a media de idade da nova executiva sitúase nos 44 anos. Ó igual que tamén é inequívoca a aposta polas mulleres, que neste caso, segundo salientou, teñen unha presenza salientable non por unha cuestión de cuotas, senón porque merecen estar.

Suliñou que o comité executivo responde a un plantexamento “continuista” na laboura de renovación iniciada en 2004 coa paulatina renovación das agrupacións locais. Máis da metade dos seus membros estreanse na asunción destas competencias, hai representantes de todas as comarcas e prácticamente da metade dos concellos da provincia. E salientable tamén que incorpóranse ó máximo órgano de dirección catro integrantes de Novas Xeracións.

Destacou asimesmo a importante presenza femenina no novo comité executivo, salientando que “aquí non están por cuotas senón porque merecen estar”. “Pola súa valía, por elas mesmas”, apuntillou.

Tivo tamén verbas cariñosas para Manuel Fraga e de satisfacción e respaldo para a xestión de Alberto Núñez Feijoo ó fronte da Xunta de Galicia, así como para os demais presidentes provinciais José Manuel Baltar, Rafael Louzán e Carlos Negueira.

SIN EXCLUSIÓNS.-

Pero a renovación, segundo matizou, non se contradice coa veteranía. “Renovación sí, pero esa premisa non implica ningunha exclusión. Todos somos necesarios”, asegurou, aínda que matizando que “ninguén vexa ou entenda ó Partido Popular de Lugo coma un instrumento para medrar ou para dirimir cuestións ou conflictos personais”. “A xente que entenda así a vida política que teña claro que non é ben recibido nin ten sitio no Partido Popular de Lugo”, apuntillou.

“Debate, si; confrontación de ideas, tamén, porque da discusión ideolóxica apréndese e mellorase, pero nin chantaxes nin personalismos. Aquí o importante, o único importante, é defender un proxecto político para Lugo, para Galicia, para España, que responda, rápita e eficazmente, ás demandas e ás necesidades dos lucenses, dos galegos e dos españois, que nesta época de forte crise económica é máis necesario que nunca”, explicou.

IDEARIO: TRABALLO E PROXIMIDADE.-

José Manuel Barreiro tamén se referiu ó ideario do Partido Popular de Lugo que, segundo dixo, é ben “claro e sinxelo: traballo, traballo e traballo”.

Avogou pola proximidade á cidadanía, “á pe de rúa e porta a porta si é necesario” e ás bases, “que son a nosa maior riqueza, e tamén o mellor aval que se pode ter”, coma seña de identidade do PP lucense.

“Estamos abertos ó debate, á confrontación de ideas. Estamos abertos ó novo e esa modernización non implica renunciar a nosa identidade, á defensa dos valores que nos fixeron e nos permitiron chegar ata aquí. Somos galeguistas e non temos complexos en dicir galego sí e dicir tamén, sen que supoña unha contradicción e menos aínda unha confrontación, castelán tamén sí”, engadiu.

Barreiro tamén deixou claro no seu discurso cal é próximo obxectivo, ganar as próximas elecciones municipais “con rotundidade e claridade”. “Conto co voso esforzo, coa vosa entrega, co voso compromiso. Sei que o faredes ben e estou convencido de que no 2011 celebraremos unha gran victoria”, apuntillou

ASISTENTES.-

No XV Congreso dos populares lucense participaron un milleiro de persoas entre invitados e compromisarios. Ademais do Presidente do PPdeG Alberto Núñez Feiojoo, que se encargou de clausurar o cónclave, tamén asistiron, entre outros, o Presidente fundador Manuel Fraga; os conselleiros Alfonso Rueda e Samuel Juárez, o Vicepresidente primeiro da Mesa do Parlamento José Manuel Baltar; os presidentes provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra; e a coordinadora de Participación Social do PP Ana Pastor. Tamén houbo unha nutrida representación de colectivos e asociacións lucenses, así coma representantes das centrais sindicais UXT, Comisións Obreiras, USO e Xóvenes Agricultores e das agrupacións empresariais.

Balseiro: “o reto é agora recuperar a Deputación e a alcaldía das principais cidades e vilas lucenses”

* O Secretario xeral do PP de Lugo fixo balanzo da xestión realizada nestes cinco anos ante os compromisarios asistentes ó XV Congreso

* Un incremento da afiliación dende o 2004 do 15 por cento e os resultados electorais “á alza” acadados pola formación nas últimas citas electorais foron algúns dos aspectos que reseñou no seu discurso

Lugo, a 31 de outubro de 2009.- O Secretario xeral do PP de Lugo José Manuel Balseiro foi o encargado de presentar o informe de xestión, que abarca dende decembro de 2004 ata hoxe.

Tras facer mención e loubar a traxectoria da súa antecesora no cargo, Ana Chao, e amosarlle o seu agradecemento o Presidente José Manuel Barreiro pola súa confianza, Balseiro fixo extensible o seu agradecemento “a todos os que, dun xeito calado pero constante, con maiores ou menores responsabilidades, fixeron, fixéchedes posible, co voso traballo inesgotable e desinteresado, que o Partido Popular de Lugo sexa a maior organización democrática da provincia”.

Balseiro referiuse o XV Congreso do PP coma un encontro que servirá “para reafirmar e actualizar, aínda con máis forza, máis entusiasmo e máis entrega, o proxecto de liberdade, de benestar, de progreso e de honestidade que puxemos ó servizo da sociedade e que imos fortalecer polo compromiso con esta terra, con Galicia e con España… que imos fortalecer porque nos move a paixón por Lugo”.

AFILIACIÓN E RESULTADOS ELECTORAIS.-

O Secretario xeral dos populares lucenses suliñou que dende decembro do 2004, o PP acadou 1.578 afiliados máis, “un 15% máis de músculo”, “a maior renovación por engádega xamais experimentada por este partido”, explicou.

Fixo lembranza tamén das catro citas electorais que se celebraron no intervalo entre congresos. “Todos eles nun ambiente de dificultade”, indicou, ó tempo que suliñou que, pese a todo, “a crecente confianza dos lucenses no Partido Popular, e o traballo de todos os afiliados e simpatizantes para multiplicar a nosa mensaxe, foi a sabia que mantén e mantivo viva a esperanza de cambio”.

Así, segundo dixo, nas municipais de 2007, “un momento complicado, difícil, baixo, debilitados polos enfrontamentos que no seu momento nos afectaron e que está claro non deben volver a repetirse, e que estamos seguros hoxe están superados”, o Partido Popular acadou a responsabilidade de gobernar en 33 dos 67 concellos de Lugo, co 42,12% dos votos.

Nas xerais do 2008, o PP de Lugo foi a lista máis votada en 7 de cada 10 concellos lucenses, o 44,5% dos lucenses deron o seu apoio ao PP, “pero está claro que foi tras as eleccións autonómicas do 2009 cando o Partido Popular de Lugo soubo dar a talla e contribuír dun xeito decidido, incontestable, definitivo, á victoria electoral en Galicia. Lugo foi a única provincia na que o Partido Popular acadou maioría absoluta de deputados”.

“Gañamos ás enquisas, e a pesar de voltar a loitar con moitas cousas en contra, o PP foi capaz de manter a porcentaxe de votantes acadada nos comicios autonómicos de 2005”, dixo, ó tempo que indicou que o PP en Lugo acadou unha maioría ampla próxima ó 54% nos comicios europeos. Sacamos 20 puntos de diferencia ó PSOE e 45 ó Bloque Nacionalista Galego”.

“Estamos moi agradecidos ós votantes. A todos, porque non miramos o carné dos votos. E por suposto, estamos agradecidos a todos vós, ós interventores, ós apoderados, ós militantes ó abnegado traballo dos membros das Novas Xeracións, pola vosa entrega total e absoluta”.

PRÓXIMOS RETOS.-

Balseiro recoñeceu que o reto é agora recuperar a Deputación e a alcaldía das principais cidades e vilas lucenses. Neste senso o secretario xeral avogou por “seguir pisando o terreo” porque, segundo salientou, “porta a porta, somos imparables”.

O Secretario xeral dos populares lucenses tamén suliñou que o XV Congreso do PP de Lugo representa un novo paso na modernización do partido, iniciada no 2004, no que se actualizaron as estruturas e o ideario da formación. Así, explicou que xa se renovaron 47 comités locais, algúns dos cales levaban máis de 20 anos sen facelo; unha labor que, segundo adiantou, continuará, e que, na súa opinión, “representa un compromiso de transparencia, honestidade, de alento democrático e en moitos casos xenerosidade”.

XV CONGRESO PROVINCIAL PP DE LUGO

COMITÉ EXECUTIVO PROVINCIAL

Presidente : José Manuel Barreiro Fernández

Secretario Xeral: José Manuel Balseiro Orol

VICESECRETARIA – VOCEIRA : Cristina Ares Castro-Conde

VICESECRETARIA DE RELACIONS COA SOCIEDADE: Manuela López Besteiro

-Valedor do Afiliado: Eugenio Corral Álvarez

-Directora das Oficinas Parlamentarias: Olga Iglesias Fontal

-Coordinador de Atención o Cidadán: Javier Vázquez Nodal

-Coordinador de Acción Exterior: Fernando Pensado Barbeira

VICESECRETARIO DE POLITICAS SECTORIAIS : Luis Lamas Novo

-Coordinador Política Económica e Emprego: Justo de Benito Basanta

-Coordinador Política Rural: Ramón Carballo Páez

-Coordinadora Política Social e Igualdade: Mª Luisa Macia Martínez

-Coordinador Política do Mar: Jesús Novo Martínez

-Coordinadora Medio Ambiente: Cristina López Rois

-Coordinador Sanidade: José Manuel Piñeiro Somoza

VICESECRETARIA DE ORGANIZACIÓN : Lourdes Yáñez García

-Coordinador de Política Municipal e Territorial: José Mª González Barcia

-Coordinadora de Comunicación e Relacións Institucionais: María Villares Franco

-Coordinador de Ación Electoral: José Luis Iravedra Lestal

-Coordinador de Educación e Formación: Celso Currás Fernández

VOCAIS ELECTOS

-Iria Fernández Álvarez

-Manuel González Capón

-Begoña Sanjurjo Santar

-Jesús Manuel Núñez Díaz

-Noelia Díaz Bruno

-Javier Varela Pérez

-Consuelo Grandio Pardo

-José Rojo Núñez

-Inés Fernández Díaz

-Sabino Díaz Fernández

-Ana Chao Vázquez

-José Saá Saá

-Begoña Gaute Verdes

-Joaquín González González

-Isabel Castro Fernández

-José Manuel Yanes Ginzo

-Iria Quiroga Carballada

-Jesús Carreira Ferreiro

-José Pardo Lombao

-Elena Candia López

-Demetrio Salgueiro Rapa

REPRESENTANTE NN. XX

-Carlos Díaz Bande

DESIGNADOS POLO PRESIDENTE

-Samuel Juárez Casado

-Daniel Vega Pérez

-Mª Inés López Penela

-Encarnación Amigo Díaz

-Julio Yebra-Pimentel Blanco

Exit mobile version