BURELA .- Tres equipos do Instituto Perdouro de Burela, liderados polos profesores Xerardo Novo, Alejandro López e Karina Parga e formados por alumnos e alumnas de primeiro e segundo de bacherelato resultaron os primeiros clasificados, da representación galega, no xogo concurso Euroscola 2009 organizado polo Parlamento Europeo.
Nota de prensa:
galardóns – tres premios ó europeísmo do centro educativo burelese IES Perdouro
Gañaron o concurso Euroscola 09
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado entregou este mércores no albergue de Gandarío (Bergondo) os diplomas que acreditan aos equipos gañadores en Galicia do concurso Euroscola 2009, organizado polo Parlamento Europeo. Os tres equipos vencedores do IES Perdouro de Burela foron liderados polos tres profesores do centro de ensino burelese: Xerardo Novo, Alejandro López e Karina Parga. O obxectivo deste xogo é informar a mocidade do proceso de integración europea, así como estimular a súa participación activa na construción da UE. No plano didáctico, o concurso tamén fomentou o uso de internet como ferramenta educativa e a práctica do inglés. Nesta iniciativa participaron 35 institutos de secundaria de Galicia e 350 alumnos de entre 15 e 18 anos.
Nas tres etapas nas que estaba dividido o xogo, os participantes tiveron que superar probas individuais e colectivas para obter o maior número de puntos posibles que os permitisen acceder ás diferentes fases.
Os tres grupos de traballo galegos que acadaron unha maior puntuación final foron do mesmo centro de ensino, o IES Perdouro de Burela (Lugo). Como recompensa ao esforzo efectuado a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organizou entre o 27 e o 30 de setembro nas instalacións de Gandarío tres xornadas de intensas actividades lúdicas e deportivas para os integrantes dos tres equipos. Tamén participaron a totalidade dos alumnos da clase do primeiro clasificado.
TRES GRUPOS DO I.E.S. PERDOURO DE BURELA ACADAN AS PRIMEIRAS POSICIÓNS DA REPRESENTACIÓN GALEGA NO CONCURSO EUROSCOL
A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado entregou no albergue de Gandarío (Bergondo) os diplomas que acreditan aos equipos gañadores en Galicia do concurso Euroscola 2009, organizado polo Parlamento Europeo.