Site icon Crónica3.com A Mariña

Ginés Rodríguez, José Vigo e Marta Álvarez primeiros no campionato de bolos do Concello de Xove

XOVE .- Ginés Rodríguez Fernández, José Vigo Lage e Marta Álvarez, foron os gañadores do primeira xornada da campionato de bolos do Concello de Xove na tirada que se celebrou en Lago, nunha tarde con boa temperatura, soleada, co campo en perfectas condicións. Esta liga conta con 33 inscritos nas categorías sénior, sub 18 e feminina.

NOTA DE PRENSA.-

XXIª TIRADA DE BOLOS

Xª SUB 18  (TEMPORADA  2009/2010)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE    LAGO (10 OUTUBRO 2009)

====  33  INSCRITOS:  19   NA LIGA SENIOR,   7   NA LIGA SUB 18  E    7   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION

NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

172

12

SEGUNDO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

158

10

TERCEIRO FÉLIX  MÉNDEZ GALDO

155

8

CUARTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

150

7

QUINTO MODESTO ALBO VIDAL

143

6

SEXTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

141

5

SÉTIMO ARTURO VIGO CASABELLA

138

4

OITAVO AUGUSTO ALBO OCAMPO

138

3

NOVENO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

135

2

DÉCIMO JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO

134

1

MELLOR BOLADA AUGUSTO ALBO OCAMPO

68

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO JOSE VIGO LAGE

149

6

SEGUNDO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

117

4

TERCEIRO LANDER DONOSO REDONDO

104

3

CUARTO ALEX MEITÍN SERANTES

103

2

QUINTO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS

98

1

MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE

61

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

92

6

SEGUNDO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO

42

4

TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA

39

3

CUARTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

33

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

30

1

INCIDENCIAS DA 1ª  TIRADA

(Centro Social de Lago – Sábado, 10 de outubro 2009)

-Tarde expléndida e moi soleada, con altas temperaturas. O campo en perfectas condicións.

-33 inscritos,    19 na Liga Senior,    7 na Sub 18 e 7 na Liga Feminina

Liga de Maiores.-  A primeira victoria nesta nova boleira correspondeulle a un xogador de Lago, a Ginés Rodríguez Fernández, un dos principais favoritos ao trunfo final, quen despois de moitos segundos e terceiros postos finais, comeza forte esta Liga a ver se por fín consigue gañala. Decir que tódolos xogadores notaron grandemente o parón estival, e nas vindeira tiradas irán collendo ritmo de competición.

Os tanteos nesta temporada van ser xeralmente máis baixos que nas anteriores debido a que este ano desaparece a Liña do 20, co cal, loxicamente, as boladas son máis pequenas porque só contan os bolos na Liña do 10.

Liga Sub 18.- Victoria de Jose Vigo Lage con 149 tantos, impoñéndose con claridade e rotundidade aos seus contrincantes. A puntuación obtida por Jose Vigo houbéralle valido para quedar quinto na categoría senior. Mois bos tanteos tamén os dos seus compañeiros (Cristian, Andrés, Lander, Alex, etc.), que demostran que cada vez están máis cerca do nivel dos maiores, e que cando se produza o salto á categoría superior, o van a facer con tódalas garantías.

Liga Feminina.- Victoria de Marta Álvarez, que non nos sorprende, dado que é das poucas mulleres do noso Concello que participou cíclicamente nas tiradas municipais, dahí que coñeza ben o xogo. Segunda foi Claudia Mariña, unha xove estudiante do IES Illa de Sarón que participa por primeira vez no torneo debido ás Xornada que a Concellería de Cultura fixo no IES Illa de Sarón. Dolores Baño e Salomé Bermúdez, que quedaron terceira e cuarta respectivamente, son mulleres de xogadores, e inda están en fase de aprendizaxe; cremos que  a súa presenza no Torneo vai ser contínua, dahí que esperamos que mellaren moito nas vindeiras tiradas.

Inda que non é a primeira vez que participan mulleres no campionato, si é a primeira que van a competir entre elas. Neste sentido, estamos moi satisfeiros, dado que para ser o primeiro día e que teñamos 7 participando é todo un logro.

As mulleres, ademáis de participar nesta Liga, tamén participan ao mesmo tempo, segundo as idades que teñan, nas Ligas Senior e Sub 18, polo que as súas posibilidades aumentan.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 17 DE OUTUBRO DE 2009.

Exit mobile version