Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana de Samain e cabazas na Mariña

A MARIÑA .- A asociación Arrincadeira de Riotorto organiza a terceira edición da Festa das Cabazas, será o sábado 31 de outubro, ás catro da tarde, desenvolverase na Casa da Cultura. En O Vicedo celebran o Samain. Tamén en Cervo, cun baile e un espectáculo de maxia e en Xove haberá Samaín “por todo o alto”. Parece que a celebración allea de Halloween decae e gañan as cabazas. Será unha fin de semana de Samain e cabazas na Mariña.

Notas de Prensa de Riotorto e Cervo

RIOTORTO

ARRINCADEIRA
RIOTORTO

A Asociación Arrincadeira organiza, en colaboración coa Asociación de Nais e Pais (ANPA) do Colexio Público de Riotorto, a terceira edición da Festa das Cabazas. O sábado 31 de outubro, ás catro da tarde, desenvolverase na Casa da Cultura un obradoiro onde os nenos prepararán as cabazas. Prégase que os nenos que veñan acompañados dalgún maior traian unha navalla ou coitelo, e a poder ser todos os nenos deben vir cun rotulador gordo, un cullerón para baleirar as cabazas e se é posible traer algunha cabaza mellor que mellor.
O mesmo día, a partir das nove da noite, comezará a festa na Praza das Rodrigas, coa participación do druida contacontos Salgueirovix (Anxo Moure), apagarase a iluminación pública e comezará o tradicional magosto. Animamos a todos os nenos e familiares a que participen nesta fermosa festa.

CERVO

O CONCELLO CELEBRARÁ ESTE FIN DE SEMANA O SAMAÍN CUN BAILE E CON MAXIA

Cervo, 30 de outubro de 2009.- A Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, organiza por vez primeira un programa de actos durante este fin de semana para conmemorar a celebración do Samin

O sábado, 31 de outubro, terá lugar un baile infantil e xuvenil de disfraces a partires das seis da tarde na discoteca Pasos de San Ciprián. Os rapaces e rapazas que asistan recibirán agasallos e premiarase ao que leve a cabaza decorada máis orixinal e tamén ao mellor disfrace.

O domingo, primeiro de novembro, a Casa da Cultura acollerá unha actuación de maxia e ilusionismo a cargo do Mago Pablo. Este prestidixitador ten unha dilatada carreira de máis de dez anos, con máis de 4.000 actuacións ao longo de toda a xeografía española.

Esta actuación forma parte do programa de espectáculos proxectados por toda Galicia dentro do IV Circuíto Galego da Maxia organizado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia e co patrocinado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. O CONCELLO CELEBRARÁ ESTE FIN DE SEMANA O SAMAÍN CUN BAILE E CON MAXIA

Esta actuación forma parte do programa de espectáculos proxectados por toda Galicia dentro do IV Circuíto Galego da Maxia organizado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia e co patrocinado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura.

Exit mobile version