Site icon Crónica3.com A Mariña

Feijoo estará na inauguración da Festa da Faba de Lourenzá

LOURENZÁ .- O Comité Organizador da Festa da Faba informa que o vindeiro sábado 3 de outubro dentro dos actos protocolarios contaremos coa presenza do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que será o encargado de inaugurar oficialmente a XIX Festa da Faba nun acto que se celebrará a redor das 13,30 horas na Praza do Conde Santo. A continuación as autoridades realizarán unha visita ao recinto feiral para visitar as casetas dos fabeiros e ós expositores do claustro.

Así mesmo comunicase que a exposición “Máquinas de Escribir Antigas” do coleccionista José Manuel Acevedo – Coaña Asturias estará aberta na xornada do sábado e domingo na Sala de Exposicións da Casa da Cultura. Trátase dunha exposición, considerada como unha das mellores de España, con máis de 30 pezas de museo construídas entre finais do século XIX e mediados do século XX, das máis prestixiosas marcas (Remington, Oliver,…). Esta actividade enmarcase dentro do lema ao que vai dirixido este ano a festa gastronómica – a literatura – “por ser unha ferramenta de traballo que máis e mellor revolucionou o mundo da comunicación e a escritura”.

Exit mobile version