MONDOÑEDO .- Educación Sen Fronteiras presenta a exposición “Achégate a El Salvador” no Centro de Desenvolvemento Comarcal A Mariña Central (Mondoñedo).Achégate a El Salvador. A ONGD expón 8 paneis sobre a realidade educativa de El Salvador onde Educación Sen Fronteiras traballa dende fai máis de 20 anos. A exposición estará do 5 ao 24 de Outubro.
A Consellería do Medio Rural e mais a Dirección Xeral de Cooperación Exterior organizan a exposición fotográfica “Achégate!” que está percorrer a rede de Centros Comarcais de Galiza durante este ano 2009. Con esta exposición Educación Sen Fronteiras pretende sensibilizar e informar da situación de exclusión nas que viven millóns de persoas no mundo que non teñen acceso a Educación e transmitir o desexo de que “Outro mundo é posible”.
Educación Sen Fronteiras (ESF) é unha ONG para o Desenvolvemento, constituída como asociación en 1988, coa finalidade de contribuír a unha educación transformadora cara a un mundo máis xusto e solidario, a través de dous eixes: por unha banda, accións de cooperación internacional para o desenvolvemento, e polo outro, accións que promovan o cambio na nosa sociedade. ESF ten como obxectivo ser unha organización referente no compromiso coa defensa e promoción do dereito a unha educación de calidade para todas as persoas, como un dereito humano fundamental.
Esta exposición poderase visitar no Centro Comarcal A Mariña Central en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00, de luns a venres, e os sábados de 10:00 a 14:00.