Entrega do premio a Josefa Liebanas, unha veciña de Oviedo, que resultou gañadora dunha fin de semana nun hotel termal de Galicia de catro estrelas. Esta muller disfrutou en Burela na ponte do Pilar das xornadas gastronómicas do peixe espada que organizou a Concellaría de Mar. O premio foille entregado polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, e pola concelleira, Remedios López Villar. Josefa Liebanas viaxou esta fin de semana a Burela para recoller o seu premio disfrutará del na vindeira ponte da constitución.