Site icon Crónica3.com A Mariña

En obras 2,8 quilómetros da estrada Burela Vilaestrofe na que a Deputación que inviste 400 mil euros

CERVO .- A Deputación inviste 400 mil euros na mellora dun treito de 2,8 quilómetros da estrada que vai de Burela a Vilaestrofe. Esta obra está previsto que remate en tres meses. A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, visitou etas obras  estrada provincial CP 1502.

Nota de Prensa

A Deputación inviste 400.000 euros na mellora dun treito da estrada que vai de Burela a Vilaestrofe

– A Vicepresidenta Segunda supervisou o inicio dos traballos que teñen unha duración de 3 meses

– O organismo provincial executa con fondos propios o asfaltado da vía que non fora incluído no proxecto aprobado polo anterior goberno da Deputación

– Lara Méndez lembrou que “en xaneiro xa tivemos que arranxar outro treito desta estrada debido á mala xestión da anterior Deputación. Nós traballamos con seriedade e facemos as obras con todas as garantías de seguridade”

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, supervisou este xoves o inicio das obras de mellora que o organismo provincial acomete desde hoxe nun treito de 2,800 quilómetros da estrada provincial CP 1502 de Burela a Vilaestrofe. A responsable provincial, que estivo acompañada por técnicos da Deputación e da empresa adxudicataria, sinalou que “se trata dunha obra importante para os veciños desta zona da Mariña. Esta treito que imos arranxar quedara do anterior goberno en terra e agora imos asfaltala con fondos propios. Esta vía non podía quedar así, xa que é moi transitada polos veciños da zona”.

O organismo provincial executa con fondos propios o asfaltado da vía que non fora incluído no proxecto aprobado polo anterior goberno da Deputación A obra forma parte do POS 2007 e ten un investimento de 391.500 euros. Os traballos, que afectan ó treito comprendido entre o punto quilométrico 2,600 e o 5,400, inclúen, ademais, o afirmado e aglomerado en quente da calzada, sinalización vertical e horizontal, pintado, ollos de gato e instalación dunha barandilla con bionda sobre a ponte do río Xunco. “Por tanto, dentro de tres meses os veciños da zona e os usuarios da vía poderán comprobar como facemos as cousas na Deputación. Nós traballamos con seriedade e este treito vai quedar en condicións axeitadas para que o tráfico poida circular con todas as garantías de seguridade”.

Continuación do proxecto

A Deputación xa asfaltou no mes de xaneiro un treito de 1,700 quilómetros desta mesma estrada de Rúa a Vilaestrofe, no Concello de Cervo. Esta actuación, forma parte do POL 2005, e incluíu o acondicionamento dun treito de 2,600 quilómetros. Neste caso, o proxecto aprobado polo goberno do Partido Popular só prevía o asfaltado de 900 metros mentres que nos outros 1.700 -en concreto, os que van dos puntos quilométricos 5,445 e ó 7,150- tan só se contemplaba unha capa de zahorra. Tralas xestións realizadas pola Vicepresidenta Segunda, deuse a máxima prioridade a esta obra de asfaltado consignando unha partida orzamentaria dentro dos Presupostos da Deputación para este ano.

Para estes traballos o organismo provincial destinou 107.000 euros. Cando chegou o actual equipo de goberno da Deputación, o expedente de expropiación da obra deste POL 2005 estaba sen tramitar e, polo tanto, non se dispoñían dos terreos necesarios para realizar os traballos.

O actual equipo de goberno axilizou todo procedemento expropiatorio para que non se perdesen os fondos europeos, xa que o proxecto aprobado polo anterior goberno prevía o rego asfáltico de 900 metros e que os outros 1.700 quedasen en zahorra.

Exit mobile version