SANTIAGO .- A Consellería de Economía e Indutria amplía en 2.250.0000 euros o crédito dispoñible das axudas para compensar os danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal polo temporal Klaus, que afectou dun xeito especial aos concellos da Mariña lucense.
Referencia
No DOGA de hoxe (venres 30 de marzo de 2009)
A Consellería de Economía e Industria procede a ampliar en 2.250.0000 euros o crédito dispoñible das axudas para compensar os danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal polo temporal Klaus, que afectou dun xeito especial aos concellos da Mariña lucense.
A nova administración, unha vez estudadas o elevado número de solicitudes presentadas na modalidade de infraestruturas enerxéticas municipais e a insuficiencia do importe consignado pola anterior administración do bipartito, procede a ampliar o crédito dispoñible.
Esta é a segunda vez que a Xunta de Galicia, xestionada por Feijoó se ve na obriga de ampliar o crédito orzamentario. Non implica a apertura dun novo período de solicitude de axudas, ao contrario, o obxectivo é dar cobertura ao elevado importe das peticións xa existentes.