Site icon Crónica3.com A Mariña

Discrepa o PP de Cervo das apreciacións do PSOE sobre a piscina de Lieiro

Nota de Prensa

O PP DE CERVO RECOMÉNDALLES AOS SOCIALISTAS TOMAR CLASES DE COMPRENSIÓN ORAL E ESCRITA

Cervo, 22 de outubro de 2009.- Para o Partido Popular de Cervo o contido das últimas críticas do grupo municipal socialista nas que acusan ao alcalde de  dar cifras contraditorias sobre o custe da piscina de Lieiro dan a medida dos coñecementos que posúen á hora de entender a linguaxe escrita.

Neste senso queremos recalcar que segundo as informacións ofrecidas polo equipo de Goberno local, os gastos anuais da piscina ascenden a 191.756,23 euros e os seus ingresos suman 81.482,23 euros. Polo tanto, o custe que ten que afrontar o Concello a través das arcas municipais é de 110.274 euros ao ano.

Se non son capaces de entender cal é a diferencia entre os gastos é o custe do servizo deixa ben ás claras o grao de percepción das cousas que teñen os membros do PSOE. Por iso, recomendámoslles tomar clases de comprensión oral e escrita antes de poñerse a criticar a xestión do equipo de Goberno, porque do contrario o único que conseguirán será confundir á veciñanza, aínda que nos tememos que é o que en realidade pretenden facer sen importarlles para nada nin a piscina nin os propios veciños.

Xestión

Tamén queremos rexeitar as criticas do PsdeG sobre a falta de xestión desta infraestrutura. Nas súas manifestacións os socialistas teñen o atrevemento de comparar as actividades da nosa piscina coas organizadas na piscina de Ourense. Ao noso entender estes argumentos sibilinos non buscan máis que terxiversar a realidade e confundir á xente, porque a pesares de ser infraestruturas de dimensións semellantes os concellos nos que se ubican non o son nin en número de habitantes nin en poder económico.

O Partido Popular sempre mantivo que esta piscina foi unha obra desmesurada que se fixo sen ter en conta a realidade social e económica da zona. Por iso, vendo os razoamentos que seguen a facer os responsables da súa construción non nos queda máis remedio que constatar que seguen a vivir nun mundo imaxinario á medida de seu. Por último queremos deixar claro que a pesar das dificultades, a piscina de Lieiro é un servizo do que tódolos os cervenses estamos orgullosos e confiamos na súa continuidade e melloría nas vindeiras datas

Exit mobile version