BARREIROS .- O sábado 31 de outubro dan comenzo en Barreiros os cursos de bailes de salón que se prolongarán ata o mes de maio de 2010. Serán os sábados de sete a oito da tarde para nenos e mozos de ata 18 anos e de oito a nove da noite para adultos e terán por escenario o centro social de San Cosme.
A concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, sinala que “o curso será impartido por Manuel Roldán, que é un profesor titulado cunha traxectoria de 24 anos de experiencia na ensinanza de todo tipo de bailes, tanto para adultos como para nenos. Mozos e nenos xa o coñecen porque levan dous anos asistindo no verano a clases de hip hop, polo tanto lles gusta, temos unha grande matrícula durante o verán e consideramos que a oferta para todo o ano sería interesante para eles”.
A edil popular engade que “os nenos seguirán co hip hop ainda que tamén poderán recibir clases doutros bailes e os maiores aprenderán a bailar salsa, rumba, merengue… todo o que a xente queira e acorde co profesor. Animo a todos os amantes do bailes a que acudan este sábado a participar neste curso”.