Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan as actividades extraescolares do Concello de Burela para nenos de primaria

BURELA (FNC) .- O luns 5 de outubro darán comenzo as actividades extraescolares que organiza o Concello para os nenos dos centros de primaria, segundo ven de anunciar o alcalde.

Alfredo Llano asegura que “unha das cuestións importantes para o Concello é colaborar cos centros de ensino, tanto cos colexios de primaria como cos institutos. O luns darán comezo as actividades extraescolares que se desenvolverán desde que os nenos rematen o xantar ata ás cinco e media máis ou menos da tarde. Imos contar coa participación da Aula Medioambiental Gaia, e imos ofertar expresión plástica e corporal, inglés lúdico para nenos de 3 e 4 anos e seguiremos con actividades na piscina para o que poñeremos a unha coidadora co fin de que os leve a esas instalacións e os volte a recoller. En total contaremos con seis monitores para este tipo de actividades que consideramos moi boas para complementar os estudios e para os nenos melloren en todos os aspectos. Todas estas actividades que están complementadas coas organizadas pola Delegación de Deportes”.

O rexedor engade que “no Concello no seu afán de colaboración cos centros de primaria e para que funcione o mellor posible o servizo de comedor, este ano fixemos un esforzo grande e puxemos a 8 coidadoras distribuídas entre os dous colexios e a partires do 26 de outubro contaremos cunha máis o que dará lugar a que os nenos estean perfectamente atendidos nun momento no que segue a medrar a demanda do comedor escolar. Pretendemos que o servizo permita unha boa conciliación da vida escolar e familiar e ofrecer calidade e beneficio no conxunto da comunidade escolar”.

Exit mobile version