BURELA (FNC) .- O Concello de Burela pretende por en marcha novamente, a partires deste mes o Banco Municipal de Tempo, co obxetivo principal de favorecer os intecambios de tempo de forma gratuita entre os veciños do municipio.
A técnica do Banco de Tempo, Vanesa Rodríguez, pretende “incentivar ás persoas a doar gratuitamente un pouco do seu tempo de ocio para axudar a outras persoas que precisan de apoio para necesidades tan básicas como a compaña para facer máis levadeira a socidade, pasar recetas, reparacións a pequena escala como pode ser colocar cadros ou arranxar pequenas avarías eléctricas ou de fontanería. Tamén se pode axudar á lectura, a facer os deberes aos nenos, ensinar o que cada un sabe como informática, ganchillo e ao mesmo tempo nós demandamos axuda”.
O Banco Municipal de Tempo de Burela conta na actualidade con nove socios. Os interesados en inscribirse teñen que dirixirse ao Concello de Burela. Vanesa Rodríguez lembra que “se trata dun servizo totalmente gratuito”.
A primeira xuntanza desta nova tempada terá lugar o vindeiro venres 16 de outubro ás 11 da mañá na sala de xuntas do Concello. A técnica do Banco de Tempo anima “a todo o que queira e poida a que se achegue a coñercer o grupo que hai actualmente e as actividades que ofrece e que demanda, porque sen darnos conta podemos estar incluidos nalgunha delas”.