Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a escola de maiores do Concello de Xove con 40 persoas maiores de 60 anos

XOVE .- O luns, día 5 de outubro, dará comezo a “Escola de Maiores” do Concello de Xove, organizada e impartida pola educadora familiar, actividade que leva en funcionamento dende o ano 2005. Este ano participan 40 persoas de idades comprendidas entre os 60 e 80 anos.

As actividades da Escola de Maiores vanse desenvolver dende outubro de 2009 ata xuño de 2010.

Os obxectivos perseguidos son: acadar unha boa convivencia, apoio e colaboración entre as persoas asistentes, evitando o illamento e a soidade; perservar a autonomía; aumentar a calidade de vida das persoas, proporcionar benestar e mellorar a autoestima; favorecer o exercicio da memoria e aumentar coñecementos; facilitar a comunicación; contribuír a un envellecemento activo propiciando conversas e debates acerca de temas de actualidade, alimentación saudable, hábitos sans de convivencia e saídas a lugares de interese como un recurso a nivel social e vivencial.

As 40 persoas inscritas repártense en 3 grupos, os cales van ter clases de luns a venres, agás os martes. Os horarios son pola mañá de 10:00 a 13:30 horas. A actividade é totalmente gratuita, financiada integramente polo Concello de Xove.

Exit mobile version