Site icon Crónica3.com A Mariña

Clan Margato e Marosa Jazz Projec actuarán este sábado na Casa da Cultura de San Cibrao

CERVO .- Dous grupos integrados por mozos da Mariña ofrecerán un concerto de música no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián: Clan Maragato e Marosa Jazz Project farán soar os seus instrumentos ofrecendo o mellor da música folck-rock e latin-jazz.

A cita terá lugar a partir das 20.00 horas deste sábado 3 de outubro grazas ao apoio de distintas entidades: Organiza Concellaría de Cultura e Xuventude e colaboran tanto a asociación cultural Arroutados como a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia que cosubvenciona esta actividade.

A concelleira popular Chelo Galego subliña a firme vontade do Goberno municipal de seguir apostando pola participación e difusión da música a través dos grupos da nosa comarca. ?Este concerto e outros moitos que virán é un bo exemplo?. A edil invita a veciños e visitantes de todas as idades a arroupar a estes artistas que, ?con esforzo e moita vontade?, lograron despuntar no panorama musical galego.

XOGAN EN CASA: CLAN MARAGATO

Clan Maragato está composto por mozos de San Ciprián procedentes da canteiras do grupo folclórico Mistura de Lieiro. Bos coñecidos en toda a comarca están en pleno proceso de gravación dun novo sinxelo. Integran este grupo Alicia (voces, teclados, percusión), Julian (solista de frauta, whistle, gaita, e acordeón)- Jacobo (baixo), Pla (guitarrista), David Torreiro (congas, djembé, darbouka, percusionista), Sebas (caixón rumbero, bombo), Ricardo (percusión tradicional)

ARTISTAS E VECINOS INVITADOS: JAZZ PROFESIONAL

Marosa Jazz Project formación invitada ao concerto está integrada por músicos profesionais do Norte de Galicia que cun repertorio próximo amenizarán a todos os asistentes cun concerto de calidade. A formación está formada por saxo alto, vibráfono, baixo eléctrico e batería.

Este grupo burelense se dió a coñecer oficialmente en 2008 con motivo do “I SEMINARIO DE JAZZ” de Burela. Con todo hai que remontarse a setembro de 2007 cando Roberto e Israel falan do tema en Burela e este último coméntallo a Eusebio (compañeiro seu de percusión no Conservatorio Superior de Música da Coruña) que lle confesa que xa había estado pensando niso. Para rematar, falan co irmán de Israel, Mario, quen decide non emprender outros proxectos musicais que tiña en mente para dedicarse á nova agrupación que se lle propón.

Exit mobile version