Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo en colaboración coa empresa Arriva oferta bonos de transporte para estudantes

CERVO.- A Delegación de Educación do Concello de Cervo ten aberto o prazo de presentación de solicitudes de bonos de transporte para os estudantes empadroados no municipio, que cursen os seus estudios en calquera das universidades públicas da comunidade autónoma galega. As axudas, en colaboración coa empresa de transportes Arriva, consisten en bonos de transporte cun 25 por cen de desconto para os universitarios que cumpran os requisitos anteriormente indicados.

Nota de Prensa

As axudas, promovidas dende a Delegación de Educación en colaboración coa empresa de transportes Arriva, consisten en bonos de transporte cun 25% de desconto para os universitarios que cumpran os requisitos anteriormente indicados

Nota de Prensa

Os bonos de transporte subvencionarán o 25% do custe dos traxectos

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS AO TRANSPORTE PARA OS UNIVERSITARIOS CERVENSES

Cervo, 7 de outubro de 2009.- A concellería de Educación do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, indicou hoxe que o pasado día un deu comezo o prazo de presentación de solicitudes de bonos de transporte para os estudantes empadroados no municipio que cursen os seus estudios en calquera das universidades públicas da comunidade autónoma galega.

As axudas, promovidas dende a Delegación de Educación en colaboración coa empresa de transportes Arriva, consisten en bonos de transporte cun 25% de desconto para os universitarios que cumpran os requisitos anteriormente indicados. Os interesados en ser beneficiarios destes bonos de transporte deberán formalizar as súas solicitudes na na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Cervo, na Casa da Cultura de San Ciprián.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de xuño, coincidindo coa finalización do presente curso lectivo.

Secundaria non Obrigatoria

Yolanda Pedreira lembrou que permanece aberto o prazo para todos aqueles veciños do municipio que queiran acceder ás axudas de transporte escolar, con carácter individual e destinadas a sufragar os gastos de desprazamento diario dos alumnos e alumnas do concello que cursaron estudos durante o pasado curso 2008-2009 en centros da comarca de educación secundaria non obrigatoria que non se imparten no seu territorio, a excepción dos que estudaron en centros de Burela, porque o transporte a este municipio xa foi subvencionado polo concello mediante outro tipo de axudas. A contía máxima para cada beneficiario será de 150 euros. O prazo de presentación de solicitudes para estas axudas remata o vindeiro 31 de outubro.

Exit mobile version