Site icon Crónica3.com A Mariña

Calcula o PP que 25 mil veciños da Mariña “poderían ser potenciais” beneficiarios da rebaixas de impostos

NOTA DE PRENSA

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a modificación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para o fomento do acceso á vivenda e á sucesión empresarial
MOZOS MENORES DE 36 ANOS E FAMILIAS NUMEROSAS BENEFICIARANSE DUN AFORRO SUPERIOR AOS 6.000 EUROS NA COMPRA DUNHA VIVENDA

* Segundo os cálculos manexados polos populares 25.000 veciños da Mariña poderían ser potencias beneficiarios destas rebaixas de impostos autonómicos.

* Balseiro Orol contrasta as medidas do novo Goberno da Xunta coas políticas socialistas de “máis gasto e maiores impostos, mentres os países que están a saír da crise están a facer o contrario”

A Mariña lucense, 28 de outubro de 2009.- O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publica hoxe a modificación impulsada polo novo Goberno galego do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados dirixida ao fomento do acceso á vivenda e á facilitar e incentivar a sucesión empresarial. Segundo os cálculos manexados polos populares máis de 25.000 veciños da Mariña poderían ser potencias beneficiarios destas rebaixas de impostos, de xeito especial, mozos menores de 36 anos e familias numerosas. O texto publicado inclúe tamén nas actividades beneficiadas a sucesión empresarial, despois dunha emenda presentada polo PPdeG

FACILITAR O ACCESO A UNHA VIVENDA

Grazas a esta cambio normativo ás familias poderán acceder a un aforro superior aos 6.000 euros na compra dunha vivenda. Con esta medida ademais de contribuír á dinamización do mercado inmobiliario, e de apoiar á mocidade, o PP busca favorecer aos titulares daqueles negocios nos que o patrimonio inmobiliario constitúe un valor importante e están suxeitos ao pagamento deste tributo, facilitándolles a súa continuidade

Esta rebaixa fiscal supón pasar o 7% ao 4%, cunha redución do 43%, nas transmisións patrimoniais, mentres que nos Actos Xurídicos Documentados o imposto baixará desde o 1% actual ao 0,3% con carácter xeral (-66%) e do 0,75% vixente ao 0,3% na adquisición da primeira vivenda habitual (-50%). Ademais están medidas terá carácter retroactivo para todos aqueles que procederán á adquisición da súa vivenda habitual desde o 1 de xullo de 2009.

LIMITES PATRIMONIAIS PARA ACOLLERSE AS AXUDAS

O deputado explicou que a reforma contempla límites na aplicación das rebaixas, xa que, “non son axudas para mercar pazos”. Así, o patrimonio non debe superar os 400.000 euros nos casos de familias numerosas –máis 50.000 euros adicionais por cada membro que supere o mínimo de familia numerosa-; nin os 250.000 para os menores de 36 anos –máis 30.000 euros por cada membro adicional que conforme a unidade familiar-

O deputado salientou, ademais, que a contabilización do patrimonio é  para o conxunto de persoas que utilizarán o inmoble adquirido como vivenda habitual (sexan ou non da unidade familiar), o que “evitará que se beneficien desta medida persoas con patrimonio elevado que participan na adquisición xunto con outras cun patrimonio reducido”.

No que atinxe á sucesión de negocios, esíxese que as empresas teñan o seu domicilio social en Galicia e que manteñan polo menos durante 5 anos os inmobles afectos á actividade empresarial.

APOIO ÁS FAMILIAS E DINAMIZACIÓN DA ECONOMÍA

A reforma do imposto enmárcase na serie de medidas adoptadas polo Goberno de Núñez Feijóo de dinamización da economía e apoio ás familias nos seus catro primeiros meses de xestión, que se iniciaron co Plan de Austeridade na Administración. Entre elas Balseiro subliñou o Plan de Choque contra a crise económica, o Plan Renove, o Plan de Banda Larga, o Plan Acuícola, o de vivenda, o Plan Move de infraestruturas, as medidas de apoio ao sector lácteo, ou a concesión de avais por valor de 150 millóns de euros para inxectar liquidez no tecido empresarial. “O principal compromiso de Núñez Feijóo de gobernar pensando nas persoas e na solución dos principais problemas derivados da situación económica se está a cumprir desde o primeiro momento”, afirmou.

CONTRASTE COA SUBA DE IMPOSTOS DE ZAPATERO

Balseiro Orol contrastou as medidas do novo Goberno da Xunta coas políticas socialistas de “máis gasto e maiores impostos, nun contexto no que os países que están a saír da crise están a facer o contrario”. Nese sentido, referiuse aos anuncios do Goberno de Zapatero de subir os impostos “de xeito que a xa difícil situación de tantos cidadáns agravarase ao ter que pagar a ineficiente xestión e as continuas improvisacións dos socialistas, xusto o contrario de o que hai que facer, que é defender aos cidadáns ante esa situación”, algo que é “precisamente, o que fai o Goberno de Núñez Feijóo con este tipo de medidas”.

Exit mobile version