Llano asegurou que “queremos determinar como van as obras, hai que entender que previsiblemente estábamos a punto de pasar ó consorcio as augas de Cervo e de Burela en xaneiro e entón temos que ver como van os requirimentos das obras e os requirimentos administrativos e aquelo que asegure que a partires do vindeiro mes de xaneiro nos poidamos facer cargo deste proceso”.
O rexedor engadiu que “hai que pensar que este abastecemento é extraordinariamente importante para os dous concellos e en Burela estamos moi pendentes diso dado que iso remataría de conseguir un moi bo funcionamento para o noso concello. Con tres depósitos de gran capacidade e un auxiliar e o abastecemento novo é posible que teñamos auga garantida para moitos anos sen problema”. Alfredo Llano sinalou que “no encoro de Rúa hai que facer unha limpeza duns 20.000 metros cúbicos de lodos. Temos que ir pensando como xestionar estes traballos para que se realicen o máis rápido e o mellor posible. E a partires desa xuntanza diremos como vai o abastecemento de auga para os dous concellos”.