Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela enviará no prazo dun mes o primeiro informe do plan xeral á Xunta

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, considera que dentro dun mes podería enviarse un primeiro informe do plan xeral de ordenación municipal á Xunta de Galicia.

O rexedor fixo un balance da exposición que onte efectuaron os técnicos de OTEA diante da Corporación Municipal. Llano sinalou que “a explicación que nos deron estivo moi ben argumentada, onde viñeron decir que aproveitarán todo o que está feito, tentarán agrandar ó máximo posible a zona urbana consolidada, e tratar de desafectar o máximo posible tamén. Hai que darse conta que estamos afectados por Feve, por Costas, pola variante e estamos en principio semiafectados polo corredor que vai a Ferrol. Polo tanto debido á complexidade do noso concello non é moi doado facer un plan xeral, sin embargo o que teñen analizado e explicado perfectamente é respectar o que está feito, ir facendo dito plan mazá por mazá de tal xeito que non reste importancia nin valor a todo o que hai agora mesmo”.

Alfredo Llano conta que “dentro dun mes se mandará un primeiro informe á Xunta para ver si vamos facendo ben as cousas, e si todo está correcto nun prazo de seis meses pasaráse a un primeiro avance, primeira aprobación, explicación ó público polos barrios… e alegacións ou suxerencias que os veciños poidan aportar. Se está a traballar ben para que Burela quede o mellor posible tanto para agora como para o futuro, porque lóxicamente esto hai que calcúlalo para moito tempo”.

Pleno o xoves

No pleno previsto para o xoves no Concello someteráse a aprobación o regulamento do sistema municipal de arquivos de Burela, “tamén vai a aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público. Refírese ás terrazas de restaurantes e bares que se montan no verán e ó longo do ano e o que se pretende é darlle un valor determinado a diversas zonas, coma a marítima ou as prazas, pero o que é a taxa base non vai subir nin moito menos”, explica o alcalde.

Alfredo Llano engade que “tamén se aprobará a modificación da ordenanza reguladora da taxa por ocupación de columnas, carteis e outras instalacións… non había unha normativa clara no Concello sobre ocupación por publicidade e o que tratamos é de elaborar unha taxa reguladora para estas cuestións que son importantes tanto para o Concello como para as empresas que queiran poñer publicidade. Outra cuestión que vai ó pleno de pasado mañá e a aprobación, si procede, da creación e composición da comisión de análise e seguimento dos traballos de elaboración do plan xeral. Teremos unha comisión que iremos convocando a medida que vaia sendo necesario, eso non quita que sigamos a ter encontros como o celebrado onte no Concello”.

A contratación de suministración de enerxía eléctrica proposta pola Deputación de Lugo tamén se abordará  na sesión plenaria do 29 de outubro en Burela. Alfredo Llano explica que “existe un convenio promovido pola Deputación entre os Concellos da provincia para que entre todos poidamos contratar unha distribuidora eléctrica. Nós xa temos firmado cunha compañía, pero eso non quita que para o ano que ven en xullo cando remate o noso contrato poidamos meternos neste convenio porque todo o que sexa aforrar cartos en enerxía será bó para todos”

Exit mobile version