Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela Blues Band, Cantareiras de Ardebulloe orquestra Panamá actúan o domingo en Lourenzá

LOURENZÁ .- Dentro do programa da XIX Festa da Faba de Lourenzá, o domingo poderá disfrutarse da actuación da Burela Blues Band, Cantareiras de Ardebullo, orquestra Panamá, Charanga Garrafón de Chantada, e da escola de música e danza Osorio Gutierrez.

Nota de Prensa

EXPOSITORES DA FESTA DA FABA

Este ano participan máis de 40 expositores, con representacións de toda Galicia e Asturias. Todos estes artesáns estarán arroupados nunha gran diversidade de sectores: artesanía en madeira,  cestería, coiro, alimentación, cerámica. A feira – exposición da XIX Festa da Faba está ubicada no Mosteiro de San Salvador e nunha carpa instalada no recinto feira. Os horarios dos Artesáns serán os seguintes:

OBRADOIRO DE BARRO

No que os participantes porán experimentar o traballo co barro no torno. Esta actividade levarase en horario de mañá e tarde no claustro da feria-exposición.

FESTA INFANTIL

Estarán instalados unha serie de inchables (futbolín humano, tobogán escalada, castelo encantado) que farán as delicias dos pequenos dende as 15,30 – 19,30 h.) na praza do Conde Santo (en caso de choiva trasladarase ás naves do mercado comarcal).

ACTUACIÓNS MUSICAIS

Seguindo coa liña comezada en pasadas edicións  Terán lugar espectáculos musicais que abrangueran distintos  estilos:

©Música tradicional, a cargo da ESCOLA DE MÚSICA E DANZA “OSORIO GUTIÉRREZ”  (actuación ás 12,30 horas no clasutro)

©Música de rúa a cargo da CHARANGA GARRAFÓN de Chantada.

©Música jazz-pop a cargo de BURELA BLUES BAND  – 18,00 horas no claustro mosteiro ( en caso de choiva a actuación tería lugar na carpa instalada na Praza do Conde Santo)

©Actuación das CANTAREIRAS DE ARDEBULLO – 21,00 horas na Praza do Conde Santo (en caso de choiva os asistentes poderán albergarse na carpa situada en dita praza).

© Música de orquestra a cargo da orquestra PANAMÁ

Exit mobile version