BARREIROS (FNC) .- Barreiros acolle un obradoiro de musicoterapia e outro de sostenibilidade e aforro en tempos de crisis. Están organizados polo Fondo Social Europeo e o Servizo Galego de Igualdade.
Segundo informa o departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, o obradoiro de musicoterapia terá lugar o vindeiro venres 23 de outubro de 16 a 20 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Está destiñado a mulleres e o prazo de inscripción xa rematou o pasado día 19.
Para o 30 de outubro está previsto o obradoiro de sostenibilidade e aforro en tempos de crisis. Tamén será de 16 a 20 horas no Centro Sociocultural e as mulleres interesadas en participar poden anotarse ata o vindeiro luns no departamento de Servizos Sociais.
Barreiros acolle un obradoiro de musicoterapia e outro de sostenibilidade e aforro en tempos de crisis
Barreiros acolle un obradoiro de musicoterapia e outro de sostenibilidade e aforro en tempos de crisis
Relacionado
-
A Veciñanza de Burela pide máis surf tras o éxito da actividade de iniciación
-
O BNG de Viveiro tira de ironía: “La culpa es de Míriam”: o hit da Alcaldía que soa máis que as solucións
-
Tomé supervisa en Cervo as melloras na vía provincial que une Rio Covo con Trasbar, nas que a Deputación inviste 400.000€