O rexedor contou que “había tres puntos na orde do día: aprobación da acta anterior, estado das obras e estado das contas. Analizamos os cartos que temos para os gastos de funcionamento ata o ano 2013 e que ascenden a 125.550 euros. En principio deben ser suficientes ata esa data.Tamén falamos un pouco da suba que tivo o presuposto do abastecemento de auga a Cervo e Burela, que se sitúa no 20% e chega a casi 7,2 millóns de euros que será o presuposto final”.
Llano sinalou que “as obras marchan ben, estáse a traballar nas ETAP tanto en Rúa como na Senra, xa se están rematando as canalizacións desde Riocobo e o antes posible vanse colocar as bombas. Serán dúas bombas de abastecemento de 200 kilowatios cada unha, e funcionarán cando se precise auga debido á escasez de chuvias, por sequía ou por algunha avería gorda, entón bombearase desde alí para dar abastecemento tanto a Cervo como a Burela. A obra estará totalmente rematada entre marzo e abril de 2010, salvo complicacións que poidan xurdir”.
O alcalde de Burela asegurou que “tamén analizamos o interesante que sería contratar un xerente porque unha vez que estea rematada a obra o Consorcio débese encargar das cuestións administrativas derivadas do reparto de auga a Cervo e Burela, entón cremos que é moi necesario repartir cargas entre os dous Concellos ou ben ir pensando en contratar ese xerente. Na seguinte reunión aprobaremos as contas de 2009 e 2010, hai que facer os balances e os trámites administrativos. Será en breve, dado a urxencia que requiren algúns asuntos”.
Llano engadiu que “estamos contentos porque as obras marchan a bó ritmo, consideramos que será unha grande obra tanto para Cervo como para Burela, polo tanto todo o que sexa bó para os dous Concellos será bó para os veciños e eso é o que realmente importa”.