Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP que a obra da cuberta da gardería de Burela adxudicarase inmediatamente

Nota de Prensa

González Barcia afirma que a obra da cuberta da gardería xerá  adxudicada inmediatamente.

Presentáronse catro empresas para realizar a obra.

O portavoz do PP de Burela, José  María González Barcia, confirmou hoxe que a obra da cuberta da gardería será adxudicada inmediatamente,  tal e como se lle comunicou desde a Xunta de Galicia.

Barcia indicou que houbo que abrir un procedemento negociado de adxudicación, dado o importe da obra, procedemento que tén uns prazos marcados pola lei, prazos que hai que respectar e polo tanto cumplir. Asimismo, lembrou que a obra suporá unha nova cuberta para o edifício, agora tapado cunha lona, obra sensiblemente mellor cas reformas que se prevían facer, e que tamén obrigou a facer un novo proxecto de obra.

O portavoz popular afirmou que eses son os motivos do retraso na realización da obra, que no seu día se anunciara para agosto. Barcia dixo que “se as obras van supoñer unha mellora sobre o que estaba previsto, o retraso pode ser disculpable”.

Exit mobile version