BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, ven de solicitarlle unha entrevista ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para abordar diversos temas de interese para a vila.
Llano explica que “o sábado coincidín co presidente na inauguración da festa da faba de Lourenzá e invitéino a visitar Burela de forma oficial e agardo que en breve esto sexa unha realidade. E agora acabo de mandarlle un fax e enviareille por carta a petición dunha xuntanza a manter en Santiago”.
O rexedor sinala que “quero falarlle do polígono industrial de O Perdouro e a posibilidade de analizar outra zona para este fin e do acceso ó porto que se nos está a retrasar unha barbaridade cos problemas maiúsculos que se detectaron nas últimas horas”. Alfredo Llano tamén quere falar con Núñez Feijoo “da ampliación do porto e sobre todo do hospital da Costa, para manter a área sanitaria única na Mariña e para analizar o plan director que contemplaba unha ampliación rigurosa do centro para darlle máis importancia. De todos estes temas que me parecen moi importantes para Burela preciso falar co presidente da Xunta”.