BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, nega as acusacións verquidas nos últimos días desde o PP relativas ó accidente que sufriu unha muller que caeu por un acantilado o pasado 27 de setembro.
O rexedor sinalou que “ó segundo día de ter ocurrido o accidente chegou a familia da rapaza accidentada para agradecer o traballo realizado pola Garda Civil, pola ambulancia e por Protección Civil. Paréceme unha exageración e un atrevemento enorme que diga se pudieron utilizar medios marinos ou terrestres cando a responsabilidade do que se fixo ou do que se ten que facer foi do equipo médico. E ante o estado da rapaza decidíuse chamar a Salvamento, entón o que ten que facer o Sr.Barcia é traer os papeles da ITV de helicóptero para ver si houbo neglixencia nese aspecto”.
Llano insistiu en que se actuou rápidamente e así o amosa o agradecemento que recibimos por parte da familia”.