Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares deixa morrer as instalacións da piscina municipal, asegura el PSOE o Cervo

Nota de Prensa

Alfonso Villares deixa morrer ás instalacións da piscina municipal, e Xove gaña usuarios a costa de Cervo

Os Socialistas pedirán un plan de inversión para dotar o Ximnasio e potenciar a oferta e uso da piscina

O Grupo Municipal Socialista pedirá de novo ao Concello de Cervo que non deixe morrer as instalacións da Piscina Municipal. Esta nova petición ven motivada polas queixas reiteradas dos últimos días dos usuarios e polo feito contrastado de que veciños deste concello teñen que desprazarse ata o concello de Xove a buscar unha oferta deportiva e lúdica que non atopan en Cervo.

Entendemos que ista inercia pode lastrar de forma importante o futuro das instalacións deportivas do municipio e por tanto imos pedirlle ao alcalde de Cervo que elabore un plan de inversións, co obxetivo de dotar convenientemente o Ximnasio con máquinas ergonómicas que se adapten a todas as persoas e potenciar a oferta e uso da piscina.

Queixas polo estado do vaso e a temperatura da auga

Nos últimos días, varias persoas mostraron as súas queixas porque o auga tornouse de cor verde, o que xenera incertidumbre sobre a súa calidade e piden garantias neste senso.

Ao ximnasio con pilas e aceite “3 en 1”

Os usuarios relatan que acuden ao Ximnasio con pilas, posto que os aparatos non as teñen e que o aceite  “3 en 1” xa forma parte do equipamento de moitas mochilas, posto que moitos dos equipamentos non van ben. Tamen hai queixas pola falla do sistema de pesas e botan de menos un monitor para aconsellar as persoas que deciden iniciarse.

O medo do PP á placa inaugural

Outro feito que sorprende e que destacan os usuarios, é que o Concello siga a “ocultar” a placa inaugural da piscina municipal. Despois de que o Valedor obligara ao Concello a repoñela, agora intentan ocultala tras un tablón de anuncios, o que da unha idea de cales son as prioridades do PP co respecto a istas instalacións deportivas: deixalas caer e que a xente non saiba que foi un alcalde Socialista o que as puso en pe.

Exit mobile version