Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Fuente solicita a declaración de zona de grande afluencia turística para Barreiros

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, mantivo esta mañá un encontro en Santiago coa directora xeral de Comercio, Nava Castro. O rexedor  pedíulle que estudiase “a posibilidade de declarar o noso concello como zona de grande afluencia turística, o que permitirá que o comercio poida abrir máis horas e que Barreiros sexa atractivo para proceder á apertura de máis establecementos. Esto último sería moi bó porque se crearían postos de traballo e actividade económica”.

Fuente Parga tamén lle plantexou a Nava Castro “a necesidade de abrir en Barreiros unha oficina de consumo para poder atender aquelas reclamacións ou queixas que sufren os consumidores cando realizan diversas actividades de tipo comercial”.

O alcalde asegura que “houbo boa sintonía e creo que as nosas peticións sairán para adiante sen problema e polo tanto imos poñernos a traballar no tema”.

Exit mobile version