Site icon Crónica3.com A Mariña

Abren una rua entre o centro de saúde de Cervo e praza Federico Mon

CERVO .- Está en obras a rúa que unirá o centro de saúde de Cervo e praza Federico Mon. O presuposto da obra é de 197.246,56 euros e o seu financiamento corre a cargo do Fondo Estatal de Investimento Local e o Fondo Especial do Estado para a Dinamización da Economía e o Emprego.

Nota de Prensa

ESTANSE A DESENVOLVER AS OBRAS DA NOVA RÚA QUE UNIRÁ  O CENTRO DE SAÚDE DE CERVO COA PRAZA FEDERICO MON

* O seu trazado xa figuraba nas normas subsidiarias do Concello

* O novo vial contribuirá ao crecemento urbanístico da capital do municipio de xeito ordenado, sostible e acorde co entorno

Cervo, 8 de outubro de 2009.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, indicou que as obras da apertura dun novo vial en Cervo dende o Centro de Saúde á Praza Federico Mon estanse a desenvolver segundo o previsto.

Segundo indicou Villares, a construción deste novo vial xa figuraba nas normas subsidiarias do Concello e o seu obxectivo é abrir a posibilidade de que o núcleo da capital municipal poida medrar urbanísticamente “de xeito ordenado, sostible e acorde co entorno”. Ademais, esta nova rúa posibilitará tamén a creación de novas prazas de aparcamento e contribuirá a racionalizar o tráfico rodado nesta zona, moi próxima ao colexio.

Os traballos que se están a desenvolver actualmente consisten na explanación do trazado final da rúa, que terá unha lonxitude de 230 metros. O proxecto tamén inclúe a dotación de todos os servizos esenciais (auga, saneamento, canalización de augas pluviais e fecais, alumeado público, rede de telefonía, etc); así coma a colocación de bordos de formigón e o asfaltado final da estrada.

O presuposto da obra é de 197.246,56 euros e o seu financiamento corre a cargo do Fondo Estatal de Investimento Local e o Fondo Especial do Estado para a Dinamización da Economía e o Emprego.

Exit mobile version