Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición para ximnasia de mantemento nas parroquias de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O vindeiro 2 de novembro dará comenzo nas parroquias ribadenses a ximnasia de mantemento “grazas á boa disposición de todos vós e ao éxito de participación que se conseguiu desde o primeiro ano”, segundo aseguran na carta que lles enviaron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Vicente Castro, aos veciños.

O prazo de inscripción xa está aberto para anotarse no Auditorio Municipal. Os interesados teñen que cubrir a ficha que lles foi remitida coa carta e entregala no Auditorio ou ben a partires do 2 de novembro ao monitor correspondente en cada parroquia. Como en anos anteriores, será preciso presentar un informe médico conforme se pode realizar a actividade física a desenvolver.

En Vilaframil a ximnasia de mantemento será os luns e os mércores de catro a cinco da tarde. En A Devesa os martes e venres de cinco a seis. En Vilausende os luns e mércores de cinco e media a seis e media da tarde. En Vilela, luns e mércores de seis e media a sete media. En Rinlo/Ove, martes e venres de seis e media a sete e media. En Vilaselán as clases serán os luns de oito a nove e os xoves de sete a oito. En Couxela, luns e mércores de oito a nove. En Cinxe, martes e venres de oito a nove. En Cedofeita serán os luns de 21:10 a 22:10 e os xoves de oito e media a nove e media, e de nove e media a dez e media. E en Remourelle as clases serán luns e mércores de nove e media a dez e media.

Exit mobile version