Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta solidarízase coas familias dos tripulantes do Alakrana

SANTIAGO.- A Consellería do Mar, en nome da Xunta de Galicia, enviou un telegrama aos alcaldes dos Concellos de Baiona, Cangas, Moaña, Valga, Ribeira, Nigrán, Gondomar e Boiro, onde hoxe terán lugar as concentracións de apoio aos tripulantes secuestrados no buque atuneiro “Alakrana”. A Xunta quere expresar así “o seu apoio e ánimo” ás familias dos tripulantes nestes momentos difíciles de espera e agarda “unha rápida e pronta solución do conflito”.

Exit mobile version