Site icon Crónica3.com A Mariña

A visita a Foz do presidente de Portos “deixa unha inversión de 360 mil euros”, afirma o PP

NOTA DE PRENSA

No Partido Popular de Foz congratulámonos da boa predisposición do Presidente de portos na súa visita a Foz e que se plasmase nos presupostos da Xunta con una consignación de 360. 000 euros para remodelación de instalacións náutico- deportivas  e adecuación das dársenas para a ampliación de amarres deportivos.

ANGEL CAO: LA VISITA A FOZ DEL PRESIDENTE DE PUERTOS JOSÉ MANUEL ALVAREZ CAMPANA DEJA UNA INVERSIÓN DE 360.000 EUROS PARA INSTALACIONES NAUTICO-DEPORTIVAS.

A Mariña, 23 de Octubre de 2009.- O Presidente do  Partido Popular de Foz, Angel Cao Pérez, afirmou que o feito de que o Presidente de Portos plasmase os seos compromisos, consignando mas de 300.000 euros nos presupostos da Xunta para instalacións nautico-deportivas para Foz, demostra que este Goberno da Xunta, independente de quen Goberne no concello, entende as necesidades e a realidade dos concellos consignando inversións de gran relevancia e interese para Foz.

PARA EL P.P. DE FOZ EL TURISMO ES UN SECTOR ECONOMICAMENTE IMPORTANTE.

Angel Cao subliñou que unha das primeiras cousas que debe de facerse e ver a realidade do noso concello e logo potenciar aqueles sectores que sexan de interese para marcar un futuro de progreso e que melloren a nosa economía.

Foz sabemos que non e un concello que teña unha rede industrial, no e un concello con un potencial industrial que sexa capaz de manter unha economía sostible, pero Foz foi sempre un referente turístico na Mariña, sendo o turismo un motor da economía dos negocios de Foz, por elo entendemos no PP que  se debe de potenciar este sector con inversións coma estas e dar servicios mellores e de mais calidade que potencien e melloren a calidade turística de Foz.

Si ben e certo que esta reivindicación que naceu no seno do Comité Local do PP de Foz, nos satisface que fose recoñecida, queremos dicir que existen outras de gran interese e necesidade que seguiremos reivindicando, independentemente de que estemos na oposición.

O discurso de PP de Foz sempre será o mesmo e non necesitamos coma outros poñernos detrás de pancartas para reivindicar o que non foron capaces de facer cando gobernaban.

XESTIÓN E CREDIVILIDADE

O Comité Local de Foz quer recordar que quen dirixe o noso concello dende fai moitos anos ten ben demostrado que o de este goberno non e a xestión ni tampouco o de dar credibilidade nin os gobernos amigos. Non temos mais que recordar a nefasta xestión do PXOM, documento importantísimo, para marcar o crecemento do noso concello, e que a escuridade na súa elaboración e a deixades na súa tramitación deixará a Foz sumido nun urbanismo que solo lle gusta a Rivera.

Recordar tamén cantas veces publicitou o dragado e limpeza da ría  sen que este feito se levase acabo.

Para exemplo non temos mais que recordar que no plan director de portos do Goberno anterior presentouse un proxecto para facer no ano 2020, e que foi rechazado por unanimidade por todos os grupos da corporación , demostrando que os que gobernaban en Foz non contaban para nada a hora de elaborar os proxectos que facía a Xunta.

Exit mobile version