Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede de Dinamización de O Vicedo oferta ensina como pedir cita médica por internet e da catro obradoiros

O VICEDO .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración con concello de O Vicedo, impartirá este mes a charla “Pide cita médica a través de Internet” e con catro obradoiros tecnolóxicos. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse ao Centro de Dinamización de O Vicedo, sito no baixo da casa da cultura, chamar ao teléfono 982590195 ou mandar un correo electrónico ao enderezo tedy.ovicedo@dinamiza.fundacioncalidade.org.

Nota de Prensa

A Rede presenta o seu programa para outubro en O Vicedo

A Charla “Pide cita médica a través de Internet”, xunto con catro obradoiros tecnolóxicos, serán as actividades deste mes

O Vicedo, a 5 de outubro de 2009. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración con concello de O Vicedo, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de outubro en O Vicedo. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

* “Alfabetización Dixital: Informática e Internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa capaz de manexar de forma básica un computador, así como de acceder a Internet e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbeis. Desenvolverase de luns a xoves, do 13 ao 22 de outubro, de 17 a 18 horas.
* “Prensa en Internet”: pretende capacitar aos usuarios/as para que poidan ler os xornais dixitais para manterse informado/a. Asemade, realizarase de luns a mércores, do 19 ao 21 de outubro, de 16 a 17 horas.
* “Ferramentas Google”: este obradoiro pretende facer que os usuarios/as sexan capaces de empregar os recursos e ferramentas dos que dispón Google na Internet.. Vai ter lugar do 19 ao 22 de outubro, de luns a venres, de 19 a 20 horas.
* “Elaboración do Currículo co Ordenador”: o usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de crear un currículo empregando un ordenador. Vai ter lugar o mércores e xoves, o 28 e 29 de outubro de 17 a 19 horas.

Asemade, está  prevista a realización da charla “Pide a cita médica a través de Internet”. Esta, que terá lugar o día 27, ás 17 horas na aula de dinamización sita no baixo da casa da cultura. consistirá na demostración do sinxelo que é conseguir unha cita medica de atención primaria a traves de Internet.

O prazo de inscrición para estas actividades será do 13 ao 19 de outubro.

A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de O Vicedo, sito no baixo da casa da cultura, chamar ao teléfono 982,590,195 ou mandar un correo electrónico ao enderezo tedy.ovicedo@dinamiza.fundacioncalidade.org

Contacto:

Tedy Martinez Yañez

Dinamizador da Sociedade da Información

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao  portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.

Exit mobile version