Site icon Crónica3.com A Mariña

A rascar os petos toca


Anda o patio revolto co tema da suba de impostos. Uns que non, outros que si, que é necesario se queremos manter o gasto social. En fin ninguén quere, en principio, que lle toquen os seus ingresos nin que o fagan pagar máis polo mesmo. É igual que ese incremento se destine a paliar necesidades sociais por que ata que a un non lle toca…

En fin que estiven a ler estas últimas semanas opinións  tanto a favor coma en contra e ao meu o único que me queda claro é que terei que pagar máis por certos bens e servizos. Pero todo e con iso estou plenamente de acordo coa suba proposta polo goberno por unha sinxela razón. Por que ese diñeiro ten que ir destinado a proporcionar axuda aos que a están a necesitar. Por que ese diñeiro ten que ir destinado a non deixar sen fondos un estado que mellorou moito en beneficios sociais a todos os seus cidadáns aínda que algúns non queiran velo.

E non todo é tan malo como o pintan. Non todos os políticos son corruptos. Nin todos os que aquí vivimos somos uns insolidarios que se poden escaquear se de pagar un euro fano.

Eu durante anos non tiven que facer declaración de renda por que sinxelamente os meus ingresos estaban por debaixo do mínimo. Durante anos vivín cun salario baixisimo. E hei de recoñecer que dende logo, a miña familia non podía darse grandes caprichos pero que tiven sanidade e puiden acceder ao sistema educativo.

E agora que profesionalmente me vai ben non me importa poder achegar un pouco máis, non me importa ter que facer un pouco de esforzo extra. O que si que pido é que o uso dese esforzo que se nos pide sexa razoado, consecuente e sen ningún tipo de dilapidación. O que se que pido é que se axude realmente a xente que o necesita. O que se que pido é que unha vez pase esta crise que temos enriba se nos recoñeza o esforzo.

Fálase moito de ética e solidariedade e ética e solidariedade é evitar que algunhas persoas teñan axuda se son dependentes, que teñan fármacos se están enfermos ou que teñan unha axuda económica se non teñen salario.
A o fin e a o cabo os impostos son unha cuestión de ética.

Exit mobile version