Como é habitual, a saída a algunha das fragas próximas farase ás 15:30 diante da Casa da Cultura, poñéndonos de camiño para o recoñecemento e recolección de exemplares nun contorno de gran beleza natural.
Pola noite despois de que Jesús organiza a exposición dos cogumelos máis salientábeis, terá lugar unha cea-degustación na mesma cafetería da Casa da Cultura polo prezo único de 15 €
As prazas son limitadas polo que se recomenda non demorar a inscrición, tanto persoalmente, na OMIX, como a través do teléfono 982 57 15 16