BARREIROS (FNC) .- Marchan a bo ritmo os traballos de construción da depuradora de A Espiñeira, segundo asegura o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente. Os traballos que comezaron hai uns días contan cun orzamento de 583.000 euros.
O rexedor sinalou hoxe que “en Barreiros comezaron hai uns días os traballos de construción da nova depuradora que dará servizo ó polígono industrial e ó barrio de A Espiñeira. Cun presuposto de 583.000 euros esta depuradora está financiada por Xestur, Augas de Galicia e polo Concello que pon 120.000 euros, como viñamos mantendo sempre, para levar a cabo esta gran obra que dará servizo de saneamento á Espiñeira, un barrio que carecía del. As obras que executa a empresa Espina y Delfín marchan a bó ritmo”.
Fuente Parga anunciou que “ó mesmo tempo que se fai esta depuradora e ese saneamento na Espiñeira tamén se dotará a ese barrio de aceras e de iluminación e se vai mellorar o firme desa estrada. É unha obra que adxudicou a Xunta de Galicia. Xa digo son uns traballos moi importantes para esta zona, para poder sanear este barrio e para dotar ó polígono industrial de depuradora. Unha depuradora que se engade ás outras catro que xa funcionan no noso concello a día de hoxe”.
Venda de parcelas no polígono industrial
O alcalde barreirense engadiu que “o pasado venres se publicou o anuncio do concurso da venda de parcelas da segunda fase do parque empresarial de Barreiros. Un feito importante, dado que este parque se adxudicou en anos anteriores polo goberno do PP, se iniciou esta fase e agora se poñen á venda estas parcelas”. Alfonso Fuente considera que “hai que ter en conta os prazos, sobre todo as empresas que estean interesadas en adquirir parcelas desta 2ª fase, porque a presentación de propostas para participar no concurso remata o 6 de novembro ás 14:00 horas. Hai que dirixilas ás oficinas de Xestur Lugo, e a apertura das proposicións será o 12 de novembros ás 9:00 horas na sala de xuntas de Xestur Lugo. Aquelas empresas que estean interesadas da Mariña e de Barreiros poden pasar polo Concello a recoller as bases da convocatoria”.
En total “saen á venda 39 parcelas cuns prezos de 48 a 55 euros o metro cadrado, e as parcelas van desde os 800 metros ata os 3.700 pasando por 1.200, 1.300 ou 1.400 metros”, seguiu a relatar Alfonso Fuente Parga.
A nova depuradora de Barreiros servirá ao poligono industrial e ao barrio de A Espiñeira
A nova depuradora de Barreiros servirá ao poligono industrial e ao barrio de A Espiñeira
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña