Nota de Prensa
PARA O BNG DE VIVEIRO A EMBARCACIÓN “A POMBA” SEGUE NO MÁIS TOTAL ABANDONO.
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro considera que o barco pesqueiro adquirido no seu día polo concello segue no máis total abandono.
A embarcación “A Pomba” cedida ao concello de Viveiro no ano 2005 atópase atracada desde aquela no pantalán do porto deportivo. No acordo para a cesión deste tradicional barco de pesca figuraba como un dos obxectivos o destinalo a “aula museo, para disfrute e coñecemento de todos os escolares de Viveiro e comarca, así como de todos os cidadáns e visitantes”.
Os nacionalistas de Viveiro presentaron unha moción, en novembro pasado, onde xa se denunciaba esta situación de deterioración e se propoñía actuacións como a de facer labores de mantenemento desta embarcación, para mantela en óptimas condicións.
Tamén o BNG propoñía que o Goberno Municipal programara actividades que cumpriran os obxectivos marcados no seu día.
O BNG considera que houbo ocasións para obter algún tipo de axuda económica que podería solventar en parte esta situación. É por iso que en vindeiras datas faremos unha proposta neste sentido, entendendo que mentras tanto deben levarse a cabo os labores que cumpran para manter esta fermosa embarcación nas mellores condicións