* Os autónomos, que representan o 62 por cento do tecido empresarial de Lugo, son unha peza clave na xestión da Deputación. Consciente da magnitude desde sector, e tendo en conta o momento de crise que estamos a vivir, dende a organismo provincial renovamos as axudas que xa demos no 2008, e que foron todo un éxito, e incluso imos máis alá con novas subvencións.
O Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) dependente da Deputación provincial, destina 700.000 euros para a elaboración dun programa realista, moi practico e elaborado desde o sentido común. Trátase dunha iniciativa na que a Deputación subvenciona o 100 por cen dos gastos correntes dos autónomos tales como recibos da luz e teléfono, seguros ou aluguer; unhas axudas que converte ao organismo provincial unha das poucas institucións de España que se fai cargo destes custos.
Deste xeito, a diferenza do que acontece con outro tipo de subvencións, non só lles aforramos cartos ós autónomos, senón que lles axudamos a manter o seu negocio e os seus postos de traballo; algo que non é unha cuestión menor en tempo de crise.
O organismo provincial ten que ser útil e estratéxico, e así o estamos a facer axudando aos autónomos co programa de Apoio ao Tecido Empresarial que beneficiará a uns 400 empresarios lucenses, que cumpren a condición de PEME, e que no ano pasado obtiveron unha renda neta inferior ao Indicador Público de Renda de Efectos Públicos anual que se cifra en 7.236.
A magnitude esta iniciativa é tal, que o INLUDES recibiu centos de peticións dos nosos autónomos aos que lles brindamos a man da Deputación provincial con estas axudas que lles permitirán acadar un maior desenvolvemento e unha maior calidade no emprego.
* Lara Méndez López é Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo