Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación adxudica obras por valor de 1,3 millóns de euros e outorga axudas ás comunidades veciñais de 2009

LUGO .- A Xunta de Goberno aprobou este venres por vía de urxencia a adxudicación provisional de tres obras do Plan de Obras e Servizos de 2009 por valor de 1.367.817 euros. Desta cantidade, a Deputación achega 663.141 euros. O voceiro provicial socialista, Antonio Gato Soengas, lembrou que “o POS deste ano supera os 6,3 millóns de euros, a metade da partida apórtaa o Ministerio de Administracións Públicas e o resto repártese entre a Deputación e os Concellos. Hoxe adxudicamos provisionalmente tres destas obras coas que satisfacemos a demanda dos veciños”.

Con cargo a este Plan, o organismo provincial acondicionará tres treitos da estrada provincial 4606 que vai de Pol a Ribeira de Piquín e á Fonsagrada. Concretamente, son os tramos de Rioxoan por Boel; Chao de Pousadoiro e Chao de Pousadoiro; Carballido a Asturias, e que suman 16,300 quilómetros. Asimesmo, tamén se mellorará o firme da CP 1611, no treito de 5,500 quilómetros que vai da N-VI á LU-541, en Begonte; e sanearanse os núcleos de Cancela Vella e Viladaide, en Barreiros.

ANUNCIO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCURRENCIA COMPETITIVA A ENTIDADES ASOCIATIVAS, AGRUPACIÓNS E ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS  PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E ESTABLECEMENTO, AMPLIACIÓN E MELLORA DE SERVIZOS DE INTERESE VECIÑAL – ANO 2009.

De conformidade co artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e co artigo 17 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, se dá publicidade ás subvencións concedidas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 30 de outubro de 2009.

TITULAR E CONCELLO CONCEPTO ORZAMENTO SUBVENCIÓN
Asociación de veciños S. Bartolomé de Cabaneiro.Abadín. Acondicionamento fonte ornamental. 3.615,00 2.711,00
AA.VV. San Cosme da Montaña. Abadín. Arranxo do muro do cemiterio parroquial. 12.365,00 8.000,00
Asociación de veciños de Gontán. Abadín. Dotación badal electrónico na capela. 3.619,20 2.497,00
Monte veciñal en man común Argan de Corvite, Curros de Chimenea e Veira. Abadín. Reenchido  e acondicionamento no lugar de Veiga-Alaxe. 8.700,00 6.000,00
Asociación veciños “O Cruceiro da Lamagrande”. Abadín. Acondicionamento cemiterio e entorno igrexa. 10.428,40 7.821,30
Cándido Paleo Rejes. Alfoz. Alumeado público barrios. 11.769,00 8.826,75
José Pernas Cabanas. Alfoz. Acondicionamento pista dos Agros. 15.022,00 11.266,50
María del Carmen Goás Ferreiro. Alfoz. Alumeado na zona de Rizal. 1.838,00 1.378,50
Comunidade usuarios traída augas Sta. Mariña. Antas de Ulla. Limpeza e roza   de camiños veciñais. 1.060,00 795,00
Comunidade usuarios augas Sta. Mariña. Antas de Ulla. Canalización auga a depósitos de Sta. Mariña. 17.074,65 12.000,00
José Manuel Rodríguez Prado. Antas de Ulla. Limpeza e restauración das canalizacións de Vilasón. 4.000,00 3.000,00
Victor Sánchez Vilariño. Antas de Ulla. Acondicionamento camiño en Facha a Monte de Facha. 15.466,76 11.600,00
Manuel Angel Dieguez Vázquez. Antas de Ulla. Asfaltado pista de Coira a Vilanxil. 16.000,00 12.000,00
José María Alvarez Dorado. Baleira. Apertura, acondicionamento de pista na Lastra. 9.244,00 6.933,00
Asociación de veciños do Cádavo. Baleira. Reforma de  lavadoiro. 7.150,00 4.623,00
Comunidade de montes Queirogal e Quinta. Baleira. Restauración muíño veciñal. 18.822,16 12.000,00
Amaro López Rivero. Baleira. Ensanchamento de curvas acceso pobo de Surriba. 3.524,00 2.643,00
Asociación veciños de Vilela – Surriba. Baleira. Reforma traída de augas e captación de fonte. 15.900,00 11.925,00
Comunidade monte veciñal man común  Picato e Serra do Val. Baralla. Alumeado público en Lebruxo. 11.072,09 7.147,57
Ana María del Rio Riesgo. Baralla. Rehabilitación lavadoiro de Gundián. 12.000,00 9.000,00
Juan José Otero Pérez. Baralla. Restauración colexio público de Vilachambre. 8.000,00 6.000,00
José Alvarez Osorio. Baralla. Acondicionamento acceso en Pena. 9.600,00 7.200,00
AA.VV. “O Cazcallal de Vilamar”. Barreiros. Acondicionamento área recreativa (segunda fase). 5.846,00 4.000,00
Asociación de veciños “Virxen do Carmen”. Barreiros. Centro social Villamartín (solados e cheminea). 7.412,00 4.500,00
Asociación de veciños “San Miguel”. Barreiros. Saneamento a Barranca (primeira fase). 12.615,00 8.000,00
Asociación de veciños de “San Cosme”. Barreiros. Urbanización camiños veciñais. 11.600,00 8.000,00
Miguel Veiga Rodríguez. Barreiros. Alumeado público camiño Barreiro-Rumiña. 8.073,00 5.220,00
Joaquín Dorado Docobo. Barreiros. Parque infantil a Golada. 9.048,00 5.850,00
Comunidade usuarios auga de Vilachá. Becerreá. Captación de augas a Vilachá. 15.996,30 11.997,22
Comunidade usuarios de auga de Foerla. Becerreá. Distribución abastecemento de augas. 4.251,72 3.188,79
José María Ramos López. Becerreá. Grupo depurador en Bullán. 12.000,78 9.000,58
Asociación de veciños de Herbón. Becerreá. Construción de escollera en Herbón. 15.961,60 11.971,20
Asociación veciñal “Os Milagros de Saavedra”. Begonte. Reforma e acondicionamento escola do Campo de Arriba. 16.000,00 12.000,00
Monte veciñal man común de Baamonde. Begonte. Acondicionamento camiños rurais. 16.450,00 12.000,00
Carlos Varela Fernández. Begonte. Acondicionamento campo da festa de Cerdeiras. 16.000,00 12.000,00
Monte veciñal man común de Bóveda. Begonte. Arranxo tellado casa escola de Bocacarreira. 13.770,00 10.327,50
Asociación deportiva club fútbol de Bóveda. Bóveda. Construción local para reunións. 15.000,00 11.250,00
Comunidade de montes de Ribas Pequenas. Bóveda. Arranxo da casa escola (primeira fase). 24.800,00 12.000,00
Asociación de veciños “San Pedro Félix”. Bóveda. Mobiliario urbano. 6.000,00 3.750,00
Asociación de veciños “O Vencello”. Burela. Arranxo camiño das Riveiras. 19.800,00 12.000,00
Asociación de veciños “O Vencello”. Burela. Acondicionamento camiño dos Matos. 23.640,00 12.000,00
Asociación de veciños de Galegos. Carballedo. Cementación camiños en Galegos. 14.993,00 11.244,75
Asociación cultural e veciñal “Virxe da Porteria”. Castro de Rei. Acondicionamento pasarela e planta baixa do centro social. 8.772,80 6.579,60
Asociación de veciños de Loentia. Castro de Rei. Acondicionamento fonte do Pozón. 3.000,00 2.250,00
Asociación mulleres rurais “A Xuntanza”. Castro de Rei. Acondicionamento da escola de Outeiro. 9.823,71 7.367,78
Asociación cultural “Ignacio Rey  Stolle”. Castro de Rei. Reformas teleclub de Bazar e pista deportiva. 18.650,00 12.000,00
Jesús María Muinelo Cupeiro. Castro de Rei. Arranxo do templo parroquial de Bazar. 8.479,00 6.359,25
Jesús María Muinelo Cupeiro. Castro de Rei. Reparación e mellora casa vivenda do crego. 8.337,00 3.000,00
Jesús María Muinelo Cupeiro. Castro de Rei. Reparación no templo parroquial de Prevesos. 6.050,40 4.537,80
Asociación veciños Santiago de Espasande. Castroverde. Colocación escaleiras e solado local social (segunda planta). 7.340,00 5.500,00
Comunidade usuarios Fonte de Naveda. Castroverde. Depósito e canalización traída de augas. 8.000,00 5.000,00
Manuel Fernández Fernández. Castroverde. Mellora do abastecemento de auga a Corral. 6.700,00 5.000,00
Armando Polín Rodríguez. Castroverde. Abastecemento de auga a Granda. 4.500,00 3.375,00
José Francisco Lago Alvarez. Castroverde. Arranxo capela de Pereira. 8.000,00 5.000,00
Comunidade monte veciñal man común “Chao da Serra e Chao da Travesa”. Castroverde. Acondicionamento antigo colexio para local social (primeira fase). 6.989,72 4.892,80
Jaime Villar Neira. Castroverde. Traída auga da finca do Carballal. 15.450,00 4.000,00
Amelia Amigo Santín. Cervantes. Acondicionamento dun camiño en Noceda. 2.536,63 1.902,47
José Luís Fernández López. Cervantes. Acondicionamento dun camiño en Fonquente. 5.481,77 4.111,33
Antonio Tadín Méndez. Cervantes. Reparación muro núcleo de Chan de Lagares. 13.224,00 9.918,00
Gerardo Gómez Neira. Cervantes. Restauración fonte no núcleo de Doiras. 2.298,37 1.723,78
Josefa Antonia Núñez González. Cervantes. Reparación varios peches fincas en Veiga do Seixo. 6.890,83 5.168,12
Jesús Digón Rodríguez. Cervantes. Restauración fonte no núcleo de Cela. 3.500,28 2.625,21
Monte veciñal Vilarello da Iglesia.- Cervantes. Instalación pararraios en Vilarello da Iglesia. 9.887,78 7.415,83
Asociación veciños de Cervo e Sargadelos. Cervo. Segunda fase de arranxo e saneamento local social. 9.900,00 7.425,00
Ruben Corral Bahamonde. Cervo. Acondicionamento campo da festa. 18.968,72 12.000,00
Domingo Otilio Pérez Lidor. O Corgo. Acondicionamento entorno local social e equipamento do mesmo. 16.223,05 12.000,00
Asociación veciños de Cela “Ponte de Neira”. O Corgo. Acondicionamento aseos e muro contención en local social. 6.659,00 4.994,25
Eduardo Ferreiro López. O Corgo. Acondicionamento e mellora accesos a Outeiriño e outros. 14.239,85 10.679,88
Asociación veciños San Cristobal de Chamoso. O Corgo. Mellora de pavimentación. 32.213,20 12.000,00
Asociación veciñal A Pena. Cospeito. Ampliación e acondicionamento aula escola. 5.300,00 3.975,00
José Alvarez Méndez. Cospeito. Rehabilitación do campo santo de Arneiro (segunda fase). 4.900,00 3.675,00
Asociación de comerciantes, empresarios, profesionais, e gandeiros. Cospeito. Reparación na área recreativa Ribas de Miño. 5.375,00 4.031,00
Rosa María Yáñez Lanzós. Cospeito. Pavimentación campo veciñal (segunda fase). 4.807,04 3.000,00
Asociación veciñal Sanxurxo de Goa. Cospeito. Reparación campo santo de Goa (segunda fase). 5.104,00 3.828,00
Asociación de veciños de Santalla de Rioaveso. Cospeito. Colocación canlón, pintado interior, da igrexa. 3.746,80 2.810,00
Asociación veciñal “O Cruceiro de San Pedro de Seixas”. Cospeito. Cerramento campo da festa de Seixas (primeira fase). 9.426,16 7.069,62
Asociación veciños para o desenvolvemento e a defensa medioambiental de San Vicente de Argozón. Chantada. Cuberta do edificio social da asociación. 20.838,77 12.000,00
Asociación de veciños de Piedrafita. Chantada. Acondicionamento local social (antiga escola). 12.064,00 9.048,00
Asociación veciños de Santa Uxia de Asma. Chantada. Arranxo local social. 18.000,00 12.000,00
Antonio Blanco López. Chantada. Acondicionamento camiño da zona de Pesqueiras. 16.000,00 12.000,00
Domingo López Carrete. Folgoso do Caurel. Pavimentación camiños en Esperante. 16.000,00 12.000,00
Eliberto Barreiro Aira. Folgoso do Caurel. Construción muro de contención en Campelo. 16.000,00 12.000,00
José Luís Regueiro López. A Fonsagrada. Arranxo pista a Xestoso. 7.253,30 5.439,95
Monte veciñal man común de Seoane. A Fonsagrada. Acondicionamento camiño de Seoane. 8.300,90 6.225,67
Benjamín Fernández Díaz. A Fonsagrada. Acondicionamento camiño de acceso a Santa Juliana. 8.420,52 6.315,39
Asociación de mulleres “A Montaña”. A Fonsagrada. Acondicionamento local social. 8.514,40 6.385,80
Comunidade veciños dos Montes de Ferreirola. A Fonsagrada. Pavimentación camiño en Ferreirola. 8.654,90 6.491,17
Serafín Rodríguez García. Foz. Acondicionamento solo central da igrexa de Sta. Cecilia. 16.000,00 5.000,00
Asociación cultural “Virxe do Carme de San Martiño”. Foz. Cambio do solo na capela Virxe do Carme. 15.680,00 3.000,00
Asociación de veciños “San Pedro”. Foz. Reparación da fachada exterior do cemiterio de San Pedro de Cangas. 8.030,00 4.000,00
Asociación cultural “O Castro de Vilaronte”. Foz. Acondicionamento do local social “O Castro”. 15.977,26 6.000,00
Asociación de veciños San Xulián de Cordido. Foz. Acondicionamento da pista do Coto do Sixto (primeira fase). 15.000,00 3.000,00
AA.VV. Xunta parroquial de Fazouro. Foz. Ampliación ponte de F.E.V.E. (segunda fase). 5.000,00 3.580,70
Foz Clube de tenis. Foz. Acondicionamento vestiarios e mellora da pista de tenis. 16.000,00 6.000,00
Asociación de veciños San Xulián de Nois. Foz. Construción lavadoiro público no río. 12.926,00 5.000,00
Asociación veciños de San Acisclo “Río de Ouro”.Foz. Arranxo pista dende Chao da Liñeira a Vilacizal (segunda fase). 16.000,00 12.000,00
Agrupación Santiago de Foz. Foz. Rehabilitación e restauración igrexa de Foz (primeira fase). 405.260,79 3.000,00
Celsa López Santos. Friol. Acondicionamento camiño público As Petas. 2.500,00 1.875,00
Antonio Neira Torres. Friol. Acondicionamento camiño público no lugar do Carregal. 3.800,00 2.850,00
Angel Ferreiro Lage. Friol. Acondicionamento camiño público en Madelos. 3.200,00 2.400,00
Francisco Ferreiro Lage. Friol. Acondicionamento acceso núcleo de poboación de Freixido. 12.400,00 9.300,00
Constantino Rodríguez Arias. Friol. Acondicionamento camiño público en Vidueiro. 3.800,00 2.850,00
José Manuel Marques Espiñeira. Friol. Acondicionamento camiño público Hidreira-Carballeira. 12.000,00 9.000,00
Manuel Serén Río. Friol. Acondicionamento acceso e camiño público en Campo da Torre. 10.200,00 7.650,00
Concepción Ares López. Guitiríz. Adecentamento camiño Fontetaza-Modia. 12.576,00 8.000,00
Comunidade usuarios da auga dos Murillos. Guitiríz. Reforma da traída de augas (terceira fase). 17.833,84 10.000,00
Federico Yáñez Ulla. Guitiríz. Pavimentación camiño do Tomboliño. 12.900,00 9.000,00
Plataforma “Pro-Labrada”. Guitiríz. Retellado escola de Labrada. 18.200,00 10.000,00
Asociación veciños de Santa Esteban de la Mota. Guntín Apertura de camiños en Cima de Vila. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciñal Lousadela. Guntín. Acondicionamento antiga escola de Lousadela (segunda fase). 7.339,00 5.504,00
Antonio Alvarez Alonso. Guntín. Reparación igrexa de Santa Euxea. 6.000,00 4.500,00
Asociación veciñal e cultural “Terras do Incio”. O Incio. Adquisición material audiovisual portátil. 5.510,00 4.132,50
Asociación veciñal e cultural “Terras da Castiñeira”. O Incio. Acondicionamento e mellora de camiños na Castiñeira. 8.245,00 6.183,75
Agrupación de propietarios particulares de Castro. O Incio. Acondicionamento camiño e fonte en Castro. 8.350,20 6.262,65
José Antonio Vilar Fernández. O Incio. Acondicionamento camiño en fonte en Calvos. 6.380,00 4.785,00
José Luís López Tallos. Láncara. Reparación entorno da igrexa de San Martiño de Oleiros. 2.738,00 2.000,00
Pilar Núñez Rodríguez. Láncara. Urbanización entorno escola de Monseiro. 6.132,00 4.500,00
Cesareo Sangil López. Láncara. Construción bebedeiro -lavadoiro en Bustelo. 2.561,80 1.800,00
Monte veciñal man común de Illoa, Picos e Serra. Láncara. Traída de auga para fontes públicas. 8.230,20 6.172,65
Monte veciñal man común de Illoa, Picos e Serra. Láncara. Pavimentación camiño en San Pedro. 3.981,12 2.985,84
Pablo Bande López. Láncara. Pavimentación interior cemiterio de Trasliste. 10.220,00 7.650,00
María Jesús Labandeira Piñeiro. Láncara. Colocación de tubos en camiño do lugar de Roxedoiro. 2.105,40 1.579,05
José López Rodríguez. Láncara. Canalización auga fonte entorno igrexa de Toldaos. 3.206,80 2.405,10
Asociación veciños sociocultural e medioambiental “San Pedro de Fiz”. Lourenzá. Acondicionamento de camiños rurais na Cazolga. 19.914,70 12.000,00
Arsenio Rico Carracedo. Lourenzá. Acondicionamento área recreativa en Cubela. 16.000,00 12.000,00
J. Manuel Romay González. Lugo. Peche campo da festa  en Manzoi. 18.800,00 12.000,00
Asociación deportiva “Dezportas Lugo”. Lugo. Adecuación instalacións deportivas para práctica tenis mesa. 18.000,00 12.000,00
Asociación veciños de Gondar. Lugo. Camiño de Vigo cara á Lixoa. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciños, cultural, deportiva de Ribas de Miño. Lugo. Mellora local social. 11.686,00 8.764,41
Ramón Pio Quiroga Alvarez. Lugo. Alumeado público camiño de Barxelas. 11.882,67 8.912,00
Asociación veciños, cultural, deportiva San Xoan de Tirimol. Lugo. Mellora pista polideportiva e centro social de Tirimol. 10.500,00 7.875,00
AA.VV. deportiva-cultural Castelo-Rato. Lugo. Arranxo cemiterio veciñal. 25.864,65 12.000,00
Parroquia de Labio San Pedro. Lugo. Peche do cemiterio de Labio. 18.000,00 12.000,00
Asociación campo veciñal de San Vicente do Burgo. Lugo. Acometida de auga en San Vicente. 4.000,00 3.000,00
Asociación veciños “Gatos Roxos”. Lugo. Substitución e reposición tellado local social. 11.950,00 8.962,00
Asociación lucense de axuda a enfermos mentais. Lugo. Adquisición equipamento de accesibilidade para suprimir barreiras arquitectónicas. 23.844,25 11.394,25
Francisco Camacho López. Lugo. Acondicionamento camiño veciñal Chancela-As Campas. 18.560,00 12.000,00
Asociación cultural e de veciños San Juan del Campo. Lugo. Acondicionamento campo-pista polideportiva (segunda fase). 17.400,00 12.000,00
Parroquia Santiago A Nova. Lugo. Restauración retablo maior da igrexa da Nova. 22.620,00 12.000,00
Asociación cultural “Do Estreito – Seixosmil”. Meira. Acondicionamento de la Congostrada da Azureira. 15.000,00 11.250,00
Asociación veciños Vilardemouros. Meira. Arranxo de cuberta centro socio cultural. 14.999,99 11.249,99
Félix Méndez Nogueira. Mondoñedo. Formación firme asfáltico desde Formigueiro a Valiño. 17.000,00 12.000,00
Margarita López García. Mondoñedo. Acondicionamento de pista no lugar de Portela. 10.000,00 7.378,18
Asociación de veciños “Santa Isabel de Figueiras”. Mondoñedo. Ampliación do centro cultural. 20.114,61 12.000,00
Asociación de veciños “San Amaro de Moreda”. Monforte de Lemos. Acondicionamento fonte do Orengo. 10.550,00 7.912,50
Asociación de veciños “San Juan de Tor”. Monforte de Lemos. Acondicionamento camiño de Barrianco. 11.202,92 8.402,19
Javier Díaz Martínez Monforte de Lemos. Acondicionamento camiño do Muro en Campo de Abaixo. 14.987,20 11.240,40
Asociación veciños de Ribasaltas. Monforte de Lemos Muro do atrio da igrexa. 12.975,63 9.731,72
Asociación de veciños da Pinguela. Monforte de Lemos. Arranxo accesos vivendas do barrio da Pinguela. 16.077,60 12.000,00
Emilio Illanes Mondelo. Monforte de Lemos. Entorno interior do barrio de Rioseco. 14.186,45 10.639,83
Asociación veciños San Xiao de Tor – Virxen do Carmen. Monforte de Lemos. Camiño do Miogo. 15.081,70 11.311,27
Asociación veciños de Piñeira. Monforte de Lemos. Instalación calefacción local social-escola. 16.585,68 12.000,00
José Luis Armas Quinta. Monterroso. Pavimentación núcleo de Sambreixo. 10.666,71 8.000,03
Carlos Otero Meilán. Monterroso. Bacheo e selado no núcleo de O Bispo. 10.666,67 8.000,00
Guillermo Valiño Labandeira. Monterroso. Bacheo e selado núcleo de Fufín e camiño Vilanova. 10.666,67 8.000,00
Julio Ares Vázquez. Monterroso. Bacheo e selado núcleos de Outeiro e Milleiros. 9.333,33 7.000,00
José Manuel Viña Varela. Monterroso. Bacheo e selado núcleo de Pol e camiño entrada a Vilar. 12.000,00 9.000,00
Santiago Barro Pardiño. Muras. Pista de Ferreiros. 11.864,59 8.898,44
Andrés Chao Orosa. Muras. Mellora camiño rural de Coruxos a Colviño. 10.217,70 7.663,27
Victor A. Vázquez Trastoy. Muras. Mellora camiño rural de Tras o Muro Novo a Pena do Pereiro. 11.945,87 8.959,40
Guadalupe Fernández López. Navia de Suarna. Construción muro cerramento no cemiterio de Barcia. 22.621,95 8.600,00
Manuel Pérez Fernández. Navia de Suarna. Mellora iluminación pública en Robledo de Rao. 10.348,18 6.242,65
Carlos Fernández Méndez. Navia de Suarna. Mellora iluminación pública en A Pedreira. 8.330,23 5.675,14
Feliciano Lombardero Yáñaez. Navia de Suarna. Mellora iluminación pública en Mosteirín. 14.961,00 10.699,33
Oscar Pérez López. Navia de Suarna. Mellora iluminación pública en Murias do Camiño. 5.180,00 3.364,42
Comunidade monten en man común de Robledo.  Negueira de Muñiz. Acondicionamento camiños en Robledo. 15.000,00 11.250,00
Carlos Espín García. As Nogais. Acondicionamento praza da festa de Nullán. 16.000,00 12.000,00
Asociación de veciños de Ourol. Ourol. Remodelación aparcamento zona da igrexa. 20.906,77 12.000,00
Asociación veciñal “O Ferreiro”. Outeiro de Rei. Rehabilitación da cuberta da igrexa de San Vicente. 39.000,00 12.000,00
Asociación veciños deportivo cultural Miño-Ladra. Outeiro de Rei. Rehabilitación lavadoiro público en Cartel. 13.824,88 10.368,66
Asociación socio-cultural “Pedreses”. Palas de Rei. Adecentamento núcleo de Lamas. 8.488,80 6.366,60
Angel José Gaviero Curras. Palas de Rei. Acondicionamento pista Villaespesa-Hermida e Luxila. 7.135,95 5.351,96
Asociación cultural deportiva “San Vicente de Ulloa”. Palas de Rei. Subministro instalación megafonía igrexa de San Vicente. 4.977,10 3.732,83
José Arias Rouco. Palas de Rei. Adecentamento núcleo de Lamaboa. 15.868,80 11.901,60
Benigno Corredoira Arias. Palas de Rei. Adecentamento do núcleo de A Cernada. 5.444,75 4.083,56
José Antonio Paredes González. Palas de Rei. Ampliación de alumeado público en Vilar de Donas. 6.267,00 4.700,25
Amadeo Casares Silva. Palas de Rei. Adecentamento pista de Vincia a Avieira, 5.580,37 4.185,28
Alicia Ferreiro González. Palas de Rei. Canalización augas e fonte ornamental no lugar de Moredo. 9.089,99 6.817,49
José García Varela. Palas de Rei. Adecentamento do núcleo de Outeiro. 4.549,52 3.412,14
Asociación veciños “A Capela”. Palas de Rei. Acondicionamento local social. 7.000,00 5.250,00
Asociación veciñal e cultural “Cabalo Branco de Santiago de Cangas”. Pantón. Rehabilitación e equipamento local social. 29.472,00 3.600,00
Asociación veciños “A Curuxeira”. Pantón. Acondicionamento interior local social. 5.370,00 3.000,00
Jesús Rodríguez Sanjurjo. Pantón. Adecuación manancial no lugar de Goian. 3.200,00 2.400,00
Asociación de veciños “Santo Cristo”. Pantón. Edificio local social (primeira fase). 16.000,00 12.000,00
Fernando Fernández Rodríguez. Pantón. Acondicionamento camiño da Riveira. 6.000,00 4.500,00
Asociación de veciños San Antonio. Pantón. Parque infantil de San Antonio, en Santiago de Castillón. 6.000,00 4.500,00
Jesús Armesto Rodríguez. Paradela. Accesos de Suar a Celmán. 6.247,00 4.685,25
José Antonio Rodríguez López. Paradela. Afirmado e saneamento camiño do Valiño. 6.865,00 4.119,00
Secundino Pérez López. Paradela. Captación e condución de auga a igrexa parroquial de Santa María. 7.000,00 4.200,00
José Vázquez Arias. Paradela. Formigonado do lugar de O Lombao. 9.795,00 6.366,75
Asociación empresarios e comerciantes do Páramo.O Páramo. Aula informática – telecentro. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciños e cultural “Augas Féreas de Vileiriz”. O Páramo. Acondicionamento camiño de Vileiriz a O Agro, de Treilán a Vileiriz e compra de mobiliario. 8.000,00 6.000,00
Asociación Terras de Friolfe. O Páramo. Acondicionamento camiño Vigo de Friolfe-Santema. 8.000,00 6.000,00
Asociación veciñal Paredes-Pico. O Páramo. Acondicionamento e mellora do campo da festa de Paredes. 4.000,00 3.000,00
Asociación veciños e cultural “O Cruceiro de Saa”. O Páramo. Acondicionamento praza de Pacios e da fonte do Cruceiro. 4.000,00 3.000,00
Asociación veciñal e cultural a “Ribeira de San Mamede”. O Páramo. Acondicionamento entorno praza veciñal e mobiliario. 4.000,00 3.000,00
Patricio Grandio Paz. A Pastoriza. Acondicionamento da cuberta da igrexa de Cadavedo. 9.500,00 7.030,00
Julio Castro Folgueira. A Pastoriza. Depósito contra incendios en Baltar. 14.719,92 10.966,34
Monte veciñal man común “A Cebreiro”. A Pastoriza. Acondicionamento de nave no lugar de A Cebreiro. 24.000,00 11.900,00
Monte veciñal man común de Mudia. A Pastoriza. Accesos ao monte Mudia. 6.000,00 4.470,00
Comunidade montes man común de Mudia en Bozo. A Pastoriza. Depósito de incendios en Loboso. 14.719,92 10.966,34
Asociación veciños “Campo do Cruceiro”. A Pastoriza. Acondicionamento muro perímetral atrio igrexa. 11.680,10 8.701,68
Asociación veciños Zanfoga – Monte de Faro. Pedrafita do Cebreiro. Reparación de cuberta de lousa da igrexa (segunda fase). 16.000,00 12.000,00
Asociación de Pacios Montaña de Pedrafita. Pedrafita do Cebreiro. Reparación cuberta de lousa da igrexa de Pacios. 16.000,00 12.000,00
José Luis Lugueros Fernández. Pedrafita do Cebreiro. Substitución de muros de peche de camiño, reparación de pavimentación de víal e canalización de augas pluviais as beiras do mesmo, no lugar de Veiga de Forcas. 16.000,00 12.000,00
Asociación de veciños “Santa Mariña do Lor”. Pobra do Brollón. Acondicionamento do patio traseiro do local social. 14.268,00 10.701,00
Asociación de veciños de Vilachá de Salvador. Pobra do Brollón. Rehabilitación da fonte de Vilachá. 17.000,00 12.000,00
Asociación de veciños “María Castaña de Cereixa”. Pobra do Brollón. Acondicionamento palco da festa para local social. 22.475,00 12.000,00
Sagrario Rodríguez Morán. Pol. Reparación da fonte no lugar de Vilar. 13.491,96 10.118,97
Asociación parroquial San Andrés de Ferreiros. Pol. Cambio cuberta en local social. 13.456,00 10.092,00
José Luís López Domínguez. Pol. Acondicionamento accesos en Vilar do Infante. 16.554,72 12.000,00
Pedro Rivas Andión. Pol. Construción depósito de auga non potable no lugar de Poula. 14.199,56 10.649,67
Asociación cultural “A Hermida”. A Pontenova. Mellora e acondicionamento de camiños. 8.000,10 6.000,08
Carlos Corredoira Calvin. A Pontenova. Acondicionamento capela e afirmado de camiños no lugar de Teixedais. 13.333,33 10.000,00
Monte veciñal man común de San Esteban, Acebro, e Insua. A Pontenova. Mellora e acondicionamento de camiños. 6.666,98 5.000,24
Dionisio López Alvite. A Pontenova. Execución depósito de auga en A Cova. 10.666,66 7.999,99
José López Mañana. Portomarín. Mellora no acceso a igrexa no lugar de Sanfiz. 2.700,00 2.025,00
José Rodríguez Martínez. Portomarín. Mellora nos accesos e camiños do núcleo de Caborrecelle. 13.400,00 10.050,00
José Rodríguez López. Portomarín. Mellora no campo da festa de Vedro. 15.541,90 11.656,43
Manuel López Rodríguez. Portomarín. Mellora na igrexa de Soengas. 11.754,72 8.816,04
Asociación de veciños Novaes. Quiroga. Rehabilitación fonte pública. 13.400,00 10.050,00
Asociación de veciños de Margaride. Quiroga. Arranxo de camiños en Margaride. 16.000,00 12.000,00
Asociación  “O Choupeiro”. Rábade. Recuperación zona desove río Miño: Ponte de ferro. 11.400,00 8.550,00
Asociación veciños de Villaframil “San Isidro”. Ribadeo. Instalación dun pequeno repetidor de TV. 19.413,53 12.000,00
Asociación veciños “Reanem”. Ribadeo. Instalación parque saudable e peche lateral en As Anzas. 16.205,00 12.000,00
Sociedade filantrópico-dramática de Ribadeo. Ribadeo. Rehabilitación de paramentos de escenario. 5.000,00 3.500,00
Asociación veciños de Couxela. Ribadeo. Rehabilitación local social. 12.017,60 9.013,20
Asociación veciños de Arante. Ribadeo. Arranxo e acondicionamento zona local social. 4.726,60 3.544,95
Asociación veciños parroquia Vilaselán. Ribadeo. Obras e reformas no cemiterio. 6.742,00 5.056,50
Asociación cultural “O Paso de San Pedro”. Ribas de Sil. Construción local social (segunda fase). 16.000,00 12.000,00
José Quiroga Armesto. Ribas de Sil. Camiño de acceso a Vilanova. 4.060,00 3.045,00
Antonio Doval Arias. Ribas de Sil. Arranxo de camiños en Torbeo. 6.960,00 5.220,00
Jesús Blanco Gómez. Ribas de Sil. Acondicionamento arqueta de captación e depósito de auga en Vilariño. 3.839,60 2.879,60
Monte veciñal man común “Os Vales”. Ribas de Sil. Acceso a manancial en Figueirido. 10.667,67 8.000,00
Asociación medioambiental “Alecrín”. Ribeira de Piquín. Arranxo e acondicionamento de muro de contención na praza de Soutelo. 28.000,00 12.000,00
Antonio José Rua Saavedra. Riotorto. Reparación cuberta da igrexa de San Pedro. 14.849,69 11.137,27
Antonio José  Rua Saavedra. Riotorto. Acondicionamento acceso cemiterio parroquial de As Rodrigas. 15.000,00 11.250,00
José Antonio Uz Cortón. Riotorto. Captación manancial e construción de fonte en Santa Marta. 6.000,00 4.500,00
Dionisio Linares Lejo. Riotorto. Rehabilitación escola pública da parroquia de Orrea. 6.000,00 4.500,00
José María Guillermo García Rego. Riotorto. Acondicionamento acceso a cemiterio de Ferreiravella. 3.538,00 2.653,00
Monte veciñal man común de Gundrid. Samos. Mellora do camiño de acceso o pobo de Gundrid. 15.800,00 11.850,00
Monte veciñal man común de Viladocastro. Samos. Mellora de camiños. 15.000,00 11.250,00
Asociación veciños de Extraxiz. Samos. Reparación casa escola (sede de asociación). 23.061,38 12.000,00
Monte veciñal man común de Ortoa. Sarria. Edificio xestión forestal-agrícola-local social. 20.000,00 12.000,00
Jesús Benigno López Sangil. Sarria. Arranxo escola de Santa María de Vilar. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciños da parroquia de San Martiño. Sarria. Rehabilitación antiga escola. 12.000,00 8.314,71
Luís Albín López. Sarria. Arranxo da escola pública de Biville. 20.382,82 12.000,00
Asociación veciños de Marrube. O Saviñao. Construción local social. 16.757,00 12.000,00
Abel López Cadahía. O Saviñao. Formigonado e arranxo vial en Lamas. 8.013,00 6.009,75
AA.VV. de Rosende. O Saviñao. Acondicionamento espazo aparcamento xunto a igrexa. 5.733,00 4.299,75
Amando García Vázquez. O Saviñao. Adquisición e rehabilitación local para usos sociais en Piñeiro. 6.500,00 4.875,00
Asociación veciños Santiago de Gundivos. Sober. Acondicionamento fonte pública. 2.800,00 2.100,00
Javier Rodríguez Eireos. Sober. Arranxo de fonte en Matama. 4.000,00 3.000,00
Javier Rodríguez Eireos. Sober. Arranxo de fonte en Ferroños. 4.000,00 3.000,00
Javier Rodríguez Eireos. Sober. Arranxo de fonte en Naz. 1.600,00 1.200,00
Asociación veciños de San Pedro de Canabal. Sober. Arranxo do local social. 16.000,00 12.000,00
Agrupación micoloxica “Pingadouro”. Sober. Recuperación e sinalización do peto animas. 2.750,00 2.065,50
José Antonio López Alvelo. Taboada. Pavimentación acceso a ribeiras de Barxelas. 17.000,00 12.000,00
Julio Rigueira López. Taboada. Pavimentación accesos a ribeiras de Abeledo. 17.000,00 12.000,00
José Manuel Mariño Mourenza. Taboada. Acondicionamento tramo camiño Sobrecedo de Arriba. 12.000,00 9.000,00
Uxfor – Covas. Taboada. Arranxo do muíño de Covas. 23.059,04 12.000,00
Francisco Oliveros López. Trabada. Acondicionamento teleclub de Valboa. 7.000,00 4.900,00
Alicia Yanes Maseda. Trabada. Acondicionamento interior teleclub de Sante. 16.500,00 12.000,00
Francisco Oliveros López. Trabada. Arranxo das fontes das Cabanas e entorno igrexa. 4.000,00 2.800,00
Monte veciñal man común de Toldaos. Triacastela. Accesos a Toldaos. 16.000,00 12.000,00
Montes man común de Queixadoiro. Triacastela. Formigonado camiño. 16.000,00 12.000,00
Elisa Cela Armesto. Triacastela. Apertura e formigonado de camiño. 16.000,00 12.000,00
José María Vidal Reigosa. O Valadouro. Arranxo pista Fonte da Vila – Alvariña. 10.562,00 7.900,00
Manuel García Paz. O Valadouro. Alumeado público en Anido. 8.541,37 6.400,00
Monte veciñal man común “Xestaca e Grandavela”. O Valadouro. Instalación de depósitos de auga en Curro. 3.033,40 2.250,00
Veciñal “Penas de San Xoan de Alaxe”. O Valadouro. Arranxo sancristía da igrexa de San Xoan. 2.737,60 2.040,00
Josefa Pardeiro Mosquera. O Valadouro. Alumeado público en Bermún. 7.948,33 5.950,00
Asociación veciños de “Santa Cruz do Valadouro”. O Valadouro. Acondicionamento centro social e o seu entorno. 7.099,20 5.324,40
María Gema Rodríguez Maseda. O Valadouro. Pista de acceso e colocación barandilla en Amarela. 3.287,00 2.460,00
Pedro Souto Fernández. O Valadouro. Acondicionamento camiño veciñal e accesos en Sara de Abaixo. 2.733,00 2.020,00
Rosendo Rivas Lobeiras. Vilalba. Instalación punto de luz en Santalla. 1.796,14 1.347,11
José Manuel Leal Carreira. Vilalba. Mellora camiño rural en Carreteira. 2.380,61 1.785,46
Xunta parroquial de “San Martiño de Distriz”. Vilalba. Pintado do interior da igrexa. 3.351,24 2.500,00
Asociación  “Fonte do Castro de San Xiao de Mourence”. Vilalba. Acondicionamento casa escola de Mourence. 4.098,23 3.073,67
Asociación cultural de mulleres rurais “Fontemarín”. Vilalba. Mellora de accesos na Pinguela. 2.244,46 1.683,34
Asociación veciñal de mulleres rurais “Santo Anxo”. Vilalba. Arranxo escola de Penarredonda. 11.791,76 8.843,82
Asociación cultural “Amigos da liga Santaballesa”. Vilalba. Rehabilitación escola habanera en Feiranova. 11.999,36 8.999,52
Benigna Oliva Varela Blanco. Vilalba. Mellora camiño rural en Riazo. 3.941,54 2.956,16
Jesús Castao Pérez. Vilalba. Mellora camiño rural en Pude. 3.108,34 2.331,26
Francisco Díaz Rouco.Vilalba. Mellora acceso a Lamela. 10.920,34 8.190,25
Asociación veciñal “Insua Zoqueira”. Vilalba. Acondicionamento campo da festa de Insua. 2.517,00 1.887,75
Juan Antonio Debasa Maseda. Vilalba. Arranxo escola de Couto. 10.235,81 7.676,86
Convento de “Nosa Señora da Concepción”. Viveiro. Reparación de entramaos e actualización espazos. 17.500,00 12.000,00
Asociación veciños de “Pedregal Xuntanza”. Viveiro. Reparación no cemiterio parroquial de Covas. 15.917,21 11.000,00
Asociación  “Fontes Claras de San Pedro de Viveiro”. Viveiro. Acondicionamento do entorno do centro social de San Pedro. 16.472,00 10.650,00
AA.VV. de Roupar. Xermade. Equipamento do anexo o local social. 3.479,14 2.600,00
Asociación de veciños “Santa Eulalia de Burgas”. Xermade. Acondicionamento casa escola. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciñal “El porvenir del Chao de Lousada”. Xermade. Rehabilitación da casa escola de O Chao. 16.000,00 12.000,00
Asociación cultural, recreativa e deportiva “Pau da Vella”. Xove. Acondicionamento entorno área recreativa no Ponte do Carro. 13.000,00 9.750,00
Asociación de festejos “Garaca”. Xove. Mellora na cuberta da igrexa de San Miguel de Rigueira. 12.212,41 3.000,00
TOTAL 2.200.000,00

Plan de Comunidades Veciñais

Tamén por vía de urxencia, a Xunta de Goberno deu o visto e prace ó Plan de Comunidades Veciñais de 2009, a través do que a Deputación executará obras en todos os Concellos da provincia por valor de 3,7 millóns de euros, agás no do Vicedo que non presentou ningunha solicitude. O organismo provincial inviste 2,2 millóns, o que representa o 60% do total. Antonio Gato destacou que “esta é outra liña de Cooperación da Deputación coa que satisfacemos a demanda dos veciños e veciñas da provincia, xa que aínda que son obras pequenas son moi necesarias, sobre para aqueles municipios que contan con menos recursos”.

Concédense subvencións a Comunidades Veciñais de todos os Concellos da provincia, menos ó do Vicedo porque non fixo ningunha solicitude. A maior parte refírense a pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público, acondicionamento de camiños rurais, etc

Destas axudas beneficiaranse 295 entidades asociativas e a convocatoria fíxose por concurrencia competitiva. “É importante subliñar que este ano o número de colectivos interesados na iniciativa da Deputación viuse incrementado con respecto a 2008. En total houbo 599 solicitudes”.

Precisamente, hoxe tamén se aprobaron 20 contas xustificativas dos Plans de Comunidades Veciñais de 2006 (3), 2007 (9) e 2008 (8). Suman un total de 169.302 euros dos que a Deputación achega 114.916.

Obras en Concellos pequenos

Aprobáronse 5 novas axudas dentro do Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes de 2009 por valor de 66.777 euros. Corresponden ós Concellos de Begonte, Mondoñedo, A Pastoriza, O Valadouro e As Nogais. “Como saben, para este Plan aprobárase un orzamento de 721.000 euros, e quedara un remanente de 66.777 euros, no que se acollen as axudas que aprobamos hoxe. Esta liña de Cooperación permite ós Concellos realizar pequenas obras que axudan a solventar problemas que son grandes para os municipios con poucos recursos, xa que máis da metade destas obras, que son decididas polos municipios, son de arranxo de camiños”, apuntou o voceiro provincial.

En total, 39 Concellos benefícianse deste Plan, agás os afectados polo canon hidroeléctrico, que reciben outros investimentos por parte da Deputación. Grazas ó á iniciativa da Deputación, posta en marcha por primeira vez en 2008 e que tanto éxito está a a acadar, os municipios contan este ano con 1,1 millóns de euros para a realización de pequenas infraestruturas. Desta candidade, a Deputación achega o 70% e os Concellos o 30 restante.

Débeda saldada con Chantada

O voceiro provincial socialista tamén deu conta dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a través da que se pon fin á controversia entre o Concello de Chantada e a Deputación polo canon enerxético. “A sentenza vén a declarar que as actuacións entre as dúas partes para o abono da débeda son absolutamente axeitadas e teñen todas as bendicións xudiciais. O convenio entre o organismo provincial e Chantada non incurre en ningún defecto e dende logo manifesta que se axusta o importe da débeda recoñecida pola institución provincial e a que a propia Sala acordou no seu día”.

Gato Soengas, lembrou que o procedemento que se seguiu con Chantada é exactamente o mesmo que o que se aplicou para liquidar a débeda que afecta ó resto dos Concellos afectados pola produción hidróeléctrica, e que non contan con sentenza favorable. “Aínda que non teñen sentenza xudicial hai que dicir con rotundidade e con satisfacción que a Deputación adiantouse e fíxoo con rigor e eficiencia. Por tanto, algunhas declaracións do PP en relación coa liquidación quedan acaladas”.

Foro económico en Sudamérica

O Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, participará nos próximos días nun foro económico de primeiro nivel en Sudamérica organizado polo Banco Ciudad de Buenos Aires e pola Asociación de Xóvenes Empresarios deste mesma cidade arxentina. A súa participación fixo que o Gómez Besteiro cursase a súa petición de adiantar a súa comparecencia no Parlamento de Galicia porque non quería faltar á esta cita anual. Finalmente, comparecerá na Cámara Galega o vindeiro luns, ás 12:30 horas, para explicar as principais liñas dos Presupostos de 2010. O titular provincial será o primeiro que participe e o resto das Deputacións farano nos vindeiros días nunha única convocatoria.

O titular provincial , que irá acompañado do Deputado Melchor Roel e dun técnico, chegará a Sudamérica o día 4 e voltará o 12 de novembro. A intervención de Gómez Besteiro versará sobre a política mediambiental da Deputación coas que o organismo provincial desmostrou que o medio ambiente pode ser unha oportunidade económica. Xunto co titular provincial, no encontro participarán o Presidente do Banco Ciudad de Buenos Aires, ademais de varios expertos en economía.

Exit mobile version