Site icon Crónica3.com A Mariña

A consellería do Mar organiza unha xornada sobre bandeiras azuis en instalacións náutico recreativas

SANTIAGO .- A consellería do Mar organiza unha xornada informativa sobre bandeiras azuis nas instalacións náutico recreativas de Galicia. Esta xornada vai dirixida a todas as instalacións náutico deportivas que poderían optar a Bandeira Azul cara o vindeiro ano. Abordaranse os principais temas de interese en canto aos criterios de concesión do recoñecemento, e as estratéxias básicas de mellora e adaptación das instalacións mantendo criterios de respecto medioambiental no medio mariño.

Nota de Prensa

Esta xornada vai dirixida a todas as instalacións náutico deportivas que poderían optar ao recoñecemento de Bandeira Azul cara o vindeiro ano

A CONSELLERÍA DO MAR ORGANIZA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE BANDEIRAS AZUIS NAS INSTALACIÓNS NÁUTICO RECREATIVAS DE GALICIA

* Abordará os principais temas de interese en canto aos criterios de concesión do recoñecemento, e as estratéxias básicas de mellora e adaptación das instalacións mantendo criterios de respecto medioambiental no medio mariño

Santiago, 26 de outubro de 2009.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia coa colaboración da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), celebrará o vindeiro mércores día 28 de outubro unha Xornada informativa sobre as Bandeiras Azuis nos portos deportivos de Galicia.

Ao acto asistirán poñentes especializados que falarán sobre as liñas de intervención medioambiental, criterios sobre bandeiras azuis e proceso para a súa concesión, inspección, problemas e resolucións, propostas de actividades de seguridade e medioambiente, entre outras. Pola tarde rematará a xornada cunha mesa redonda.

Esta xornada vai dirixida a todas as instalacións náutico deportivas de Galicia que poderían optar ao recoñecemento de Bandeira Azul cara o vindeiro ano e abordará os principais temas de interese en canto aos criterios da súa concesión, e as estratéxias básicas de mellora e adaptación das instalacións mantendo criterios de respecto medioambiental no medio mariño.

As instalacións náutico deportivas son espazos donde conviven instalacións de atracada e fondeo co medio mariño, donde se levan a cabo actividades educativas e deportivas, e de donde parten e regresan gran cantidade de persoas que desexan disfrutar do medio dun modo distinto ao da rutina diaria.

Neste senso, é importante adaptar esas instalacións e, polo tanto, será preciso coñecer que medidas se adoptarán para o bo funcionamento do porto dentro das esixencias necesarias para optar á bandeira azul. Esixencias de tipo medioambiental, como é o de coñecer perfectamente o medio no que se traballa, esixencias de prevención e actuación ante un posible verquido de hidrocarburo e como actuar contra el, a saúde dos usuarios, é dicir, incidencia da climatoloxía nos usuarios, coa adopción de medidas preventivas.

Outro dos aspectos fundamentais en calquera espazo acuático é o da seguridade, neste senso a accesibilidade aos portos permite que ás veces existan persoas que non sepan nadar ou descoñezan a forza do mar. É vital forma aos usuarios das mariñas e a o propio persoal que traballa nelas sobre como prevenir accidentes e actuar en caso de que se produzan. Finalmente se informará dos diversos métodos prácticos de actuación que haberá que manter ante emerxencias que puideran xurdir e a súa organización e resolución.

Exit mobile version