Site icon Crónica3.com A Mariña

A Capitanía de Burela non estará rematado ate 2013, segundo o PP

NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que os presupostos do Estado para 2010 son cicateros con Burela.

González Barcia afirma que o edificio de Capitanía non estará rematado hasta 2013.

Considera que o alcalde non tén peso político dentro do seu partido.

O GMPP de Burela afirmou hoxe, a través dunha nota de prensa do seu portavoz José María González Barcia, que os presupostos xerais do Estado, exceptuando a obra do novo edificio de Capitanía, son cicateros para Burela, xa que non hai nada para o Cuartel da Guardia Civil, nada para o entronque da travesía municipal coa variante en dirección a Cervo, e hai unha baixada considerable nos presupostos de Costas. E por riba, o novo vial Barreiros-San Cibrao tén unha consignación presupostaria de risa.

Para González Barcia, os presupostos xerais do Estado denotan o nulo peso político do alcalde burelés, que é incapaz de esixirlle ó goberno central que cumpla con Burela, ainda en época de crise. Barcia puxo como exemplo a mellora do entronque da travesía municipal coa variante en dirección a Cervo, e lembrou que xa hai un proxecto elaborado ó respecto polo propio Goberno Central, pero o alcalde non debe coñecer do mesmo nin as tapas. Ademais, Barcia dixo que é imposible que veña incluido na partida xenérica de mantemento e melloras, porque é un presuposto de máis de dous millóns de euros.

Outro exemplo deprimente é a ausencia de consignación para o Cuartel da Guardia Civil. Nada podemos esperar cando hai presupostados para o Ministerio de Interior en toda a provincia un total de cero euros. Os gardas civís de Burela, os cidadáns usuarios e as familias que alí viven deberán seguir soportando as deficiencias máis que notables do edificio, mesmo denunciadas por organizacións da propia Guardia Civil.

O que xa é unha bulra ós cidadáns desta comarca, incluidos os de Burela, porque nos afecta e moito, é a contía que se consigna para o vial Barreiros-San Cibrao. Sabemos que están resolvendo as alegacións, pero o que sí é certo é que a obra nin tan siquiera se licitará en 2010, porque non hai consignación suficiente.

González Barcia tamén fixo mención ó presuposto de Costas para o ano 2010, organismo inversor en Burela “hasta que chegou este alcalde”. Os presupostos de Costas baixan para toda a Mariña e non atopamos ningunha referencia a ningunha obra concreta en Burela, o que nos fai pensar que seguiremos unicamente con obras de mantemento do que quedou feito co PP no concello.

E no tocante ó novo edificio de Capitanía, o PP lembra que este compromiso presupostario xa vén de 2008, é decir, dos presupostos do ano pasado. Barcia confía en que a obra comence efectivamente en 2010, pero o que se presuposta este ano reduce en trescentos mil euros o que había consignado para presente ano, e ainda non se investiu nin un só euro. O portavoz popular lembra que a obra, de ámbito supramunicipal e que atende á filosofía do Marina Mercante de contar con edificios propios, negociouse estando o PP no gobeno municipal de Burela, ainda que o actual alcalde, cando non era nada, nin candidato oficial á alcaldía, foi un día a Cariño para anunciar un convenio Xunta-Fomento para a cesión de terreos. Pero esqueceu que antes deso houbo que atar o compromiso de facer a obra, e eso fíxose co PP no concello. Barcia dixo que segundo os propios presupostos de 2010, a obra non estará rematada hasta 2013.

En definitiva, segundo González Barcia, Burela non sale ven parada cos presupustos xerais do Estado, e eso debémosllo ó pasotismo e vagancia do alcalde, que lle trae sin cuidado o que se faiga ou non se faiga en Burela, e á colaboración activa do BNG, que agora non sabemos o que dirá, pero que son tan culpables deste mal trato coma o propio PSOE.

Exit mobile version