Site icon Crónica3.com A Mariña

A Burela Blues Band disipa dúbidas do PP e propón escoitar música que “sempre senta ben ao espírito”

Imaxe da web da Burela Blues Band

BURELA .- O director da Burela Blues Band (BBB), Israel Arranz Carreño, disipa as dubidas expostas polo grupo municipal do PP de Burela sobre a actuación da banda en Lourenzá, coincidindo coa Festa da Faba. Arranz Careño explica que o contrato para a citada actuacións e formalizouse o 30 de xullo e que o 26 de setembro, ó estar pechada a Escola de Musica, alumnos e pais de alumnos menores de idade, tomaron a decisión.
Este colectivo manifesta a “nosa unánime decepción e indignación” polo manifestado polo PP e aseguran que non comprenden “como o grupo municipal do PP, que me merece todos os respectos, e que axudou a que esta agrupación vira a luz, pode caer na trampa de dar por certo as falsidades que alguén, de xeito moi mal intencionado e sen ter nin idea do funcionamento da BBB, lles filtrou”. Finalmente propóñenlle ao PP “que en lugar de escoitar informacións falsas sobre a nosa agrupación, viñesen a algún dos nosos concertos, pois a música sempre senta ben ao espírito”.

Nota de Prensa

A BURELA BLUES BAND EN LOURENZÁ

Burela, a 10 de Outubro de 2009

Son Israel Arranz Carreño, o director e fundador da Burela Blues Band, e quero saír ao paso das mentiras vertidas polo GMPP no artigo titulado “O PP ve “anormal” a actuación da Burela Blues Band en Lourenzá na Festa da Faba”

En primeiro lugar, a actuación en Lourenzá foi asinada por min, como máximo representante da agrupación,  o día 30 de xullo de 2009 (Teño a folla do contrato para que os membros do GMPP de Burela que o crean oportuno podan consultar). Como poden entender, o día 30 de xullo non podía saber se o día 1 de outubro a Escola ía estar pechada, así que a día 26 de setembro, convoquei ós alumnos da Burela Blues Band e ós pais (dos que son menores de idade), onde decidimos:

1.Que os alumnos irían e voltarían cos seus pais nos seus coches particulares, facéndose deste xeito responsables deles.
2. Que cada un levase o seu propio instrumento e no meu coche particular e no de un dos pais levaríamos o meu material da miña propiedade, do que, por certo, se leva beneficiando a Escola de Música dende que eu traballo, no curso 2004-2005 (batería, piano, teclado sintetizador, vibráfono, malletKAT, amplificadores, baixo eléctrico, cables, soportes,  güiras, shaker, etc), xa que se non, non podería haber grupo de jazz.
3. Que os compoñentes tiñamos a comida pagada e que os pais pagarían a súa.
4. Que cos cartos recibidos mercaríase un equipo de megafonía para uso e disfrute de toda a ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BURELA.

Estas catro decisións, o GMPP pode verificalas, simplemente falando cos pais dos alumnos da BBB. Por tanto, non podemos entender as afirmacións vertidas no citado artigo.

Consideramos moi importante aclarar estas cuestións, dada a grande preocupación que amosou o PP de Burela sobre quen se tiña responsabilizado dos nenos na viaxe a Lourenzá e sobre a anomalía desta actuación, dado que a Escola de Música estaba pechada. Entenderán que o feito de que este concerto se levase a cabo, foi iniciativa de todos os pais e nais, e consensuada previamente comigo, como responsable da agrupación, polo que non se deben buscar responsabilidades políticas nunha actividade que foi iniciativa dun grupo de persoas con liberdade para decidir o que facer no seu tempo libre e cos seus propios instrumentos musicais. Tampouco entendo como chegan a afirmar que se utilizou material da Escola, cando isto é completamente falso, posto que todo o instrumental é propiedade dos rapaces e miña, dándose precisamente o caso contrario, que a Escola de Música ven utilizando material  profesional de gama alta que eu cedo voluntariamente para que as actividades musicais se podan desenvolver nas mellores circunstancias posibles.

Estas declaracións que fai o PP de Burela provocaron unha nova xuntanza…

Como resultado de dita reunión, quero trasladar no nome de todos os pais e integrantes maiores de idade, e no meu propio, a nosa unánime decepción e indignación polo citado en dito artigo. Síntome totalmente respaldado por eles e non teño nada que ocultar, infórmense minimamente antes de falar dunha agrupación disciplinada e seria na programación, traballo, organización e interpretación que depende do material do seu profesor. Os alumnos, que cada vez son máis, están moi motivados e para min iso é a máxima satisfacción.

Por último non chego a comprender como o GMPP, que me merece todos os respectos, e que axudou a que esta agrupación vira a luz, pode caer na trampa de dar por certo as falsidades que alguén, de xeito moi mal intencionado e sen ter nin idea do funcionamento da BBB, lles filtrou. Resulta curioso que o PP coñeza ata as persoas que participan nesta formación. Recomendaríalles que en lugar de escoitar informacións falsas sobre a nosa agrupación, viñesen a algún dos nosos concertos, pois a música sempre senta ben ao espírito.

Exit mobile version