Site icon Crónica3.com A Mariña

A auga das principais fontes de Burela é apta para o consumo

A auga das principais fontes de Burela é apta para o consumo, segundo anunciou o alcalde, Alfredo Llano. As fontes obxecto destas medicións foron as do Monte Castelo, a que está fronte á  capela e a que está fronte a Sedelo;  a do Cantiño, a de Santoalla, a de Viladomedio e a que está no Souto das Pasadiñas. O alcalde di que “é unha alegría que se atopen tan ben as nosas fontes. Hai que dicir que a contaminación de momento non nos está a afectar”.

Exit mobile version