FOZ .- A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz convoca ós seus asociados a unha reunión sobre a situación da Sanidade na Mariña. Dita reunión terá lugar o vindeiro venres 30 de outubro ás 20h30 (oito e media da tarde) na Casa da Xuventude de Foz. Nas cartas enviadas ós socios fíxose constar que se celebraría na Casa do Mar, pero por reaxustes de última hora, o espazo de reunión trasládase á Casa da Xuventude.
Nesta reunión tratarase sobre a situación en que se atopa a xestión da Sanidade na comarca de A Mariña, así como para aclarar os aspectos máis escuros que se están dando neste tema e a integración da Asociación na Plataforma de recente creación.
Por outra parte, aproveitase a ocasión para comunicar que xa está á venda a lotería de Nadal da Asociación. Este ano xógase ó número 37520 en participacións de cinco euros sen recargo.