Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación A Sombriza de Cervo convoca o concurso de carteis “Móvete contra a violencia de xénero”

CERVO .- A asociación cultural A Sombriza de Cervo convoca o concurso de carteis contra a violencia de xénero “Móvete contra a violencia de xénero, elabora a túa cartelería para sensibilizar á sociedade” restrinxido a estudantes dos cursos de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato dos institutos da Mariña. O premio e un DVD portátil, darase a coñecer o 25 de novembro, coincidindo co “Día internacional contra a violencia de xénero”. As persoas interesadas en participar teñen ata o día 12 de novembro para entregar os carteis.

Nota de Prensa

O traballo ganador coñecerase o 25 de novembro data na que se conmemora o día mundial para a erradicación do maltrato contra as mulleres
A ASOCIACIÓN CULTURAL “A SOMBRIZA” CONVOCA UN CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

* O colectivo que preside Geni Piñeiro, pon en marcha esta iniciativa baixo o título “Móvete contra a violencia de xénero, elabora a túa carteleria para sensibilizar á sociedade”

Cervo 23 de outubro de 2009.- A asociación cultural “A Sombriza” vén de facer pública  a convocatoria dun concurso de carteis contra a violencia de xénero. A iniciativa está dirixida a estudantes dos cursos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato dos distintos institutos da Mariña. Baixo o lema Móvete contra a violencia de xénero o colectivo que preside Geni Piñeiro pretende sensibilizar aos mais novos para que contribúan na tarefa de incentivar e fomentar na sociedade actitudes e valores que promovan o respecto entre homes e mulleres e sirvan para a eliminación dos malos tratos por razón de xénero ou sexistas.
O traballo ganador, que opta a un premio de un DVD PORTÁTIL, darase a coñecer o 25 de novembro, data na que se conmemora o día internacional contra a violencia de xénero. Antes, todos aqueles interesados en participar neste concurso poderán ir realizando os seus traballos ata o 12 de novembro, data na que membros deste colectivo cultural desprazaranse ata os distintos  institutos da comarca, para recoller as propostas.
BASES DO CONCURSO
Os carteis que optan ao premio deberán ser orixinais e inéditos, non son válidos os que xa foron presentados noutros concursos e non deben supoñer en todo ou en parte, copia ou plaxio de obras publicadas doutros artistas. Cada concursante  poderá presentar como máximo dous traballos con un lema diferente para cada un deles. Ademais de optar ao premio do DVD PORTATIL o colectivo cultural distribuirá o cartel ganador entre distintas entidades e administracións.
Como é lóxico todos os carteis e slogans presentados deberán versar sobre a violencia de xénero no ámbito familiar ou doméstico. Quedarán excluídos aqueles traballos que inclúan connotacións agresivas ou que danen á sensibilidade da xente. Obrigatoriamente os carteis, que poderán presentarse en calquera soporte e tamaño, deberán incluír o lema “25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Exit mobile version