Site icon Crónica3.com A Mariña

398 atletas de Special Olympics Galicia nos Xogos Autonómicos de Baloncesto Burela 2009

BURELA (FNC) .- Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organiza un ano máis os XIII Xogos Autonómicos de Baloncesto, sendo Burela a cidade elixida este ano para acoller a que será a décimo terceira edición. Special Olympics Galicia contou para a organización destes Xogos coa colaboración de Fademga Feaps Galicia e da Fundación Eu Son (Burela).

A décimo terceira edición deste campionato terá lugar este sábado 24 de outubro nas instalacións do Pavillón de vista Alegre de Burela. Ao igual que todas as actividades deportivas organizadas por Special Olympics Galicia o campionato de Baloncesto conta con distintos niveis de participación para que todos os deportistas poidan participar en igualdade de condicións. Existirán tres niveis: nivel I (alto), nivel II (medio) e nivel III (básico).

O pistoletazo de saída da competición será ás 12:00 horas da mañá e, a partir das 19.00 horas, celebrarase o acto de clausura do Campionato, así como a entrega dos trofeos e das medallas aos participantes. Os XIII XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO reunirán en Burela a un total de 599 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.

A celebración deste evento deportivo segue o cerimonial das celebración das Olimpíadas. Os deportistas das 29 asociacións participantes desfilarán ante os presentes. Posteriormente un deportistas da Fundación eu Son lerá o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, máis se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”. Unha vez finalizado o desfile procederase á inauguración oficial dos Xogos, arredor das 10.45 horas, a cargo dun representante do goberno local; que estará acompañada polo Presidente de Special Olympics Galicia, D. Eladio Fernández Pérez; ademais de integrantes da corporación municipal, da Asociación ASPNAIS, da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, das Xuntas Directivas de Fademga Feaps Galicia e Special Olympics Galicia.

As asociacións de toda Galicia que participan son un total de 29 asociacións das cales un total de 7 proveñen da provincia de Lugo, 9 de Pontevedra, 10 de A Coruña e 3 de Ourense. Os atletas que participan da provincia de Lugo son un total 147 deportistas que veñen de localidades como Lugo, Mondoñedo ou Viveiro. A asociación anfitriona, Fundación Eu Son, participa con 19 atletas.

XIII XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO SPECIAL OLYMPICS GALICIA BURELA 2009

PRESENTACIÓN

A Décimo terceira edición dos XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO, que Special Olympics Galicia celebra este ano en BURELA, está organizada por Special Olympics Galicia coa colaboración de Fademga Feaps Galicia e da Fundación Eu Son.

OS XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO celebrarase este sábado 24 de outubro nas instalacións do Pavillón de Vista Alegre de Burela, dende as 10.45 horas ata as 19.00 horas. Un total de 29 asociacións de toda Galiza participarán no Campionato reuníndose preto de 400 deportistas que competirán nas distintas categorías establecidas segundo o nivel acreditado.

A inauguración oficial do campionato terá lugar ás 10.45 horas da mañá nas mesmas instalacións deportivas da man dun membro da corporación municipal de Burela, respaldado polo Presidente de Special Olympics Galicia, D. Eladio Fernández Pérez; ademais de integrantes da corporación municipal, da Fundación Eu Son, da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, das Xuntas Directivas de Fademga Feaps Galicia e Special Olympics Galicia. A clausura do evento serán arredor das 19.00 horas.

HORARIO

10.20 horas – Chegada das Asociacións participantes ás instalacións deportivas.

10.45 horas– Inauguración do XIII XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO SPECIAL OLYMPICS GALICIA BURELA 2009. Pavillón de Vista Alegre de Burela.

12.00 horas – Comezo da competición deportiva.

19.00 horas – Clausura do evento.

COMPETICIÓN

OS DÉCIMO TERCEIROS XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO SPECIAL OLYMPICS GALICIA segue as liñas básicas de competición de todos os eventos deportivos organizados por Special Olympics, nos que se establecen distintos niveis de competición en función dos coñecementos que os deportistas con discapacidade intelectual teñen das regras de competición e tamén en función das súas capacidades físicas.

Neste senso establécense tres NIVEIS de competición, Nivel I (alto), Nivel II (intermedio), Nivel III (básico) e tamén haberá PROBAS ADAPTADAS para os deportistas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio extenso e xeralizado que consisten en realizar PROBAS ADAPTADAS ás súas capacidades seguindo a filosofía de Special Olympics Galicia de aportar e adaptar todos os medios necesarios para as persoas con discapacidade intelectual poidan practicar deporte. Special Olympics Galicia traballa para que sexa o deporte o que se adapte aos deportistas e non ao revés.

As PROBAS que realizarán os deportistas irán en función do nivel que acrediten (Nivel I, II ou III):

* Nivel I / Bo Nivel de Xogo
* Nivel II / Nivel Intermedio
* Nivel III / Nivel Inicial
* Probas de destreza individual: rebote, condución e lanzamento de perímetro
* Nivel IV / Probas Adaptadas I: Tiro estático. Bote dinámico. Pase e recepción
* Nivel V / Probas Adaptadas II: Tiro estático. Bote dinámico. Pase e recepción

DATOS NUMÉRICOS

OS DÉCIMO TERCEIROS XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO SPECIAL OLYMPICS GALICIA reúnen a un total de 29 asociacións de persoas con discapacidade intelectual de toda Galiza. As entidades proveñen dun total de 22 localidades distintas das catro provincias galegas.

O número de atletas que competirán nos Xogos ascende a 398, que estarán acompañados por 106 adestradores. A celebración da competición tamén contará cun total de 95 voluntarios e integrantes da organización co que os XOGOS AUTONÓMICOS reunirán a un total de 599 persoas en Burela o sábado 24 de outubro (Ver cadro que se adxunta ao final do dossier).

Analizando a participación por PROVINCIAS:

PROVINCIA ASOCIACIÓNS ATLETAS ADESTRADORES
A CORUÑA 10 105 27
LUGO 7 147 34
OURENSE 3 39 12
PONTEVEDRA 9 107 33
TOTAL 29 398 106

Os datos de participación  DA PROVINCIA DE LUGO son os seguintes:

ASOCIACIÓN LOCALIDADE ATLETAS ADEST. TOTAL
CAPD SARRIA SARRIA 15 8 23
SAN PABLO SAN LAZARO MONDOÑEDO 19 4 23
ASPNAIS LUGO 14 4 18
FUNDACION EU SON BURELA 19 5 24
PRODEME MONFORTE 44 6 50
ASPANANE VIVEIRO 21 4 25
SAN VICENTE PAUL LUGO 15 3 18
TOTAL 147 34 181

As entidades que participan DA PROVINCIA DE A CORUÑA son as seguintes:

ASOCIACIÓN LOCALIDADE ATLETAS ADEST. TOTAL
ASPADEX CEE 8 2 10
APACESCO BETANZOS 6 2 8
AMIPA PADRÓN 12 3 15
N.S.ROSARIO CORUÑA 7 3 10
ASPAS SANTIAGO 7 2 9
CHAMORRO NARON 8 2 10
ASPRONAGA CORUÑA 15 3 18
APADER CEDEIRA 21 6 27
AMICOS DA BARBANZA RIBEIRA 16 2 18
ASPADISOL OLEIROS 5 2 7
TOTAL 105 27 132

Os datos DA PROVINCIA DE OURENSE son os seguintes:

ASOCIACIÓN LOCALIDADE ATLETAS ADEST. TOTAL
AS BURGAS OURENSE 13 5 18
ASFAVAL O BARCO 12 4 16
ASPANAS OURENSE 14 3 17
TOTAL 39 12 51

Os datos de participación da PRONVINCIA DE PONTEVEDRA son os seguintes:

ASOCIACIÓN LOCALIDADE ATLETAS ADEST. TOTAL
ACEESCA PORRIÑO 22 5 27
VALLE MIÑOR NIGRAN 7 2 9
RACING CHAPELA CHAPELA 9 2 11
SAN FRANCISCO VIGO 10 3 13
SALADINO CORTIZO VIGO 7 2 9
VIRGEN DE LA O PONTEVEDRA 12 2 14
ASPAVI VIGO 8 2 10
CON ELES VILAGARCIA 16 7 23
CAPD REDONDELA REDONDELA 16 8 24
TOTAL 107 33 140

CADRO DE PARTICIPACIÓN

ENTIDADE LOCAL. ATLETAS ADEST, TOTAL
1 CAPD SARRIA SARRIA 15 8 23
2 SAN PABLO SAN LAZARO MONDOÑEDO 19 4 23
3 ASPNAIS LUGO 14 4 18
4 FUNDACION EU SON BURELA 19 5 24
5 PRODEME MONFORTE 44 6 50
6 ASPANANE VIVEIRO 21 4 25
7 SAN VICENTE PAUL LUGO 15 3 18
8 ASPADEX CEE 8 2 10
9 APACESCO BETANZOS 6 2 8
10 AMIPA PADRÓN 12 3 15
11 N.S.ROSARIO CORUÑA 7 3 10
12 ASPAS SANTIAGO 7 2 9
13 CHAMORRO NARON 8 2 10
14 ASPRONAGA CORUÑA 15 3 18
15 APADER CEDEIRA 21 6 27
16 AMICOS DA BARBANZA RIBEIRA 16 2 18
17 ASPADISOL OLEIROS 5 2 7
18 AS BURGAS OURENSE 13 5 18
19 ASFAVAL O BARCO 12 4 16
20 ASPANAS OURENSE 14 3 17
21 ACEESCA PORRIÑO 22 5 27
22 VALLE MIÑOR NIGRAN 7 2 9
23 RACING CHAPELA CHAPELA 9 2 11
24 SAN FRANCISCO VIGO 10 3 13
25 SALADINO CORTIZO VIGO 7 2 9
26 VIRGEN DE LA O PONTEVEDRA 12 2 14
27 ASPAVI VIGO 8 2 10
28 CON ELES VILAGARCIA 16 7 23
29 CAPD REDONDELA REDONDELA 16 8 24
TOTAIS 398 106 504

VOLUNTARIOS+PRO.CIVIL+CRUZ VERMELLA+POL.LOCAL+ETC 80
ORGANIZACIÓN 15
TOTAL DE PARTICIPANTES 599
Exit mobile version